sábado, 8 de decembro de 2018

Mendiants de chocolate

Bo día, bolboreteir@s! Como ides? Nós andamos de viaxe mais xa deixamos unha receitiña preparada para vos mostrar.  Como sempre, cando non temos moi claro que facer, investigamos nos libros e na rede para dar con algunha lambetada de interese. E desta volta chegamos aos "mendiants". E preguntarades que é isto? Pois unha chocolada receita francesa con significado "méndigo", na que esta mendicidade está representada por uns poucos froitos secos que emerxen nesta delicia.
Como ides ver, caracterízase pola sinxeleza e pouco traballo e ao mesmo tempo, por este resultado tan doce e interesante.
Ben, nunca oiramos falar deles mais aquí chegan os mediants para non marchar xamais. Iuhu!!!





Mendiants de chocolate



Ingredientes:

  • 200 g de chocolate
  • Pistachos, anacardos, noces...
  • Pasas, arandos deshidratados...







Utensilios: unha cunca, unha manga pasteleira, unha culler ou un batedor manual, un prato e papel vexetal.


Elaboración:


Para comezarmos, temos de derreter o chocolate no microndas.









Botámolo nunha manga pasteleira.


Cubrimos o prato con papel vexetal e imos facendo círculos coa axuda da manga pasteleira.


Decoramos coas froitas deshidratadas e cos foitos secos. 


Refrixeramos 2-3 horas e xa estarían listos para comer!!


Apetitosas, verdade? Pois agardamos ansiosos a que nos comentedes os vosos resultado para comparar. Seguro que son tan bos como os nosos. Fortísima aperta!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario