martes, 5 de xuño de 2018

Croque Monsieur

Bo día, bolboreteir@s! Hoxe o aroma é francés, cun sandwich que descubrimos hai ben pouco.
O croque-monsieur xorde por primeira vez a principios de século nun café parisino e non tarda moito en ser mencionado xa na literatura por Marcel Proust, o creador da famosa madalena evocadora.
"Detivémonos miña avoa e eu para intercambiar unhas palabras coa señora de Villeparisis, que nos anunciaba que reservara croque-monsieurs e ovos á crema para nós no hotel".
A orixe do termo é curiosa pois o de monsieur (señor) parece unha suma equívoca ao final da frase por parte dos camareiros que o servían, mais... quedou para sempre, sendo degustado por homes e mulleres, claro!
Os sándwichs sempre poden ser sospeitosos de levarnos á rutina culinaria mais con esta receita demostramos que nos dan mil e unha posibilidades.



Croque Monsieur


Ingredientes:


  • Pan de molde
  • Pavo
  • Queixo Emmental
  • Bechamel





Utensilios: unha bandexa de forno, papel vexetal/ de aluminio, un relador e unha tixola/pota e un batedor manual.


Elaboración:


Para comezarmos, cubrimos unha bandexa de forno con papel vexetal. Nós usamos papel de aluminio porque non tiñamos vexetal ;). Colocamos unha lasca de pan de molde e cubrímola cunha capa de bechamel. 


Por encima, unha lasca de pavo e un pouco de queixo relado (podédelo usar cortado xa). 


Tapamos con máis pan de molde e untamos con máis bechamel. 


Engadimos máis queixo. 


Enfornamos a 200º, co gratinador e o ventilador, até que se gratine o queixo!


E xa está listo para comer! Agardamos que vos guste! 

A receita orixinal parece ser que incluía o pan mollado en ovo mais desta volta probamos sen este produto. Iso si, descubrimos que existe unha versión "croque-madame" así que levaremos á práctica máis cedo que tarde. Entretando queda desfrutar desta. Forte aperta, bolboreteir@s!

2 comentarios:

  1. Uummmmmmmmmmm para no variar tienen que estar de rexupete no lo siguiente dan ganas de liarse a dentelladas con el monitor ,os han quedado de relujo.
    Me voy pipitando a cenar que me habeis puesto los dientes largos jis jis.
    Bicos mil wap@s.

    ResponderEliminar