martes, 13 de febreiro de 2018

Lombo recheo

Martes de Entroido, feseta en diversas localidades de Galiza. Aquí mesmo, en Viveiro, temos feriado hoxe, con desfile e troula, mais non descansan as receitas.
Como xa supomos que andaredes arriba de cocido, filloas ou orellas, nós xa imos preparando a volta á realidade, ao menús do día a día.
É certo que non nos preocupa tanto a depuración como após o Nadal porque aínda que estes días papamos moitas larpeiradas, non son o mesmo estes doces máis naturais que os do Nadal onde entra moito comercial... Sexa como for, algo de compensación haberá que facer, que o que levamos papado...
Ben, imos pois coa última creación, no que achegamos unha idea para degustar unha carne que en ocasións “peca” de seca, da forma máis substanciosa e saborosa.
Imos alá!



Lombo recheo


Ingredientes (para 4-6 persoas):


  • 1 kg de lombo
  • 8-9 lascas de bacon
  • 8-9 lascas de queixo
  • 1 vaso de viño branco
  • Allo en po
  • Pementa moída
  • Ourego
  • Romeu
  • Aceite de oliva


Utensilios: unha táboa e un coitelo, unha fonte apta para o forno e papel de aluminio.


Elaboración:


Para comezarmos, temos de cortar o lombo en lascas, mais sen chegar ao final, ten que parecer un libro 😉. Adobamos con allo, ourego, romeu, pementa moída e sal ao gusto. 


De seguir, en cada oco, colocamos unha lasca de bacon e outra de queixo. 


Poñémolo sobre papel de aluminio e botamos un pouco de aceite e a metade do viño branco. 


Despois envolvémolo. completamente e colocámolo na bandexa do forno. Enfornamos, co forno prequente, a 180º, calor arriba e abaixo, durante 1 hora.


Pasado ese tempo, retiramos o papel de aluminio, volvémolo colocar na fonte e botamos o prebe que soltou no papel albal. Agregamos o resto do viño e un chisco máis de aceite.


Volvemos enfornar, a 180º calor arriba e abaixo, até que se doure (tede coidado que non se torre moito o bacon), serán aproximadamente 20 minutos. 


E xa estaría listo para comer! 


Como podedes ver, é un cociñado do lombo sinxelo, e o mellor, cando o degustaredes que sobre todo é efectivo. 
Poucas actividades máis pracenteiras que probar pratos novos e saian tan exitosos coma este. Agardamos a vosa experiencia. Unha forte aperta, bolboreteir@s, desfrutade do Entroido!

2 comentarios:

  1. Madre del amooooooooor hermoso no os imaginais como me teneis de babeadita ,vi la receta en el movil y me enamoro totalmente pero como llevo nos dias de locura ni tiempo he tenido de venir a visitaros ,os ha quedado de relujo no lo siguiente y no dudo lo mas minimo que este de muerte relenta.
    Bicos mil y feliz fin de semana wap@s.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Xa, a nós pasanos igual. o tempo pasa voando e hai 1000 cousas que facer e ás veces é imposíble chegar a todo!
      De todas formas, grazas por todo!
      Bicos

      Eliminar