Bo martes, bolboreteir@s!! Como levades o inicio escolar, por aquí aínda andamos aproveitando os últimos días antes da chegada dos adolescentes ao insti e con moita ilusión por un curso especial.
E entretanto, seguimos dándolle ao maxín para crear novas receitas aínda que ben é certo que a que hoxe vos traemos ten de todo menos complicación. Como estivemos de festa esta fin de semana na Xunqueira (Viveiro) e preparamos uns mexillóns, cocido, e pementos recheos, quedaba pouco tempo para a torta polo que argallando entre os libros que temos pola casa tiramos ideas duns e doutros para lograr unha torta súper sinxela, ideal para @s que queren dar primeiros pasos na repostaría cunha larpeirada non moi arriscada.
Iso si, o feito de que sexa para dummies non quere dicir que sexa menos saborosa ca outras. Xa imaxinades que unha combinación de galleta, nata e froitos do bosque, non vai fallar. Imos alá!

Torta súper sinxela de nata e froitos do bosque
Ingredientes:
- 15/20 galletas
- 1 l de nata
- 2 vasos de leite
- 1/2 vaso de azucre
- 3 sobre de callada
- 200 g de marmelada de froitos do bosque
- Framboesas e arandos
- Xarope de chocolate/caramelo (opcional)
Utensilios: un cazo, unha fonte e unhas culleres.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de ferver a nata co leite, o azucre e a callada. Cando ferva, retiramos do lume até que baixe a mestura (un par de minutos) e, despois, volvemos ferver a crema. Reservamos.
Cubrimos o fondo da fonte con dúas capas de galleta.
E vertemos sobre elas a crema anterior. Ides ver que algunhas galletas van subir, non vos preocupedes. Puxemos tres ringleiras para que queden a diferentes niveis.
Refrixeramos, como mínimo 4-5 horas, mais mellor se for unha noite enteira. Pasado ese tempo, cubrimos coa marmelada.
E colocamos as framboesas e os arandos sobre ela.
Refrixeramos de novo 1 ou 2 horas máis.
E xa estaría lista para comer! Servímola, se queremos, acompañada de xarope e só nos queda desfrutar do seu sabor 😍
Apetitosa, verdade? Pois non tedes escusa para a preparardes calquera xornada destas que vos levantedes larpeir@s ou que teñades unha celebración, que festas por Galiza aínda quedan. Deixámosvos con ela agardando adozarvos o día. Unha fortísima aperta, amig@s!
Uummmmmmmmmmm mira que sois tentadores chiquillos ,no sabeis que soy una lamboreteira jajaja ,os salva que no puedo meter la mano que si no ya estaba comiendo un trozo seguro que estaba de rexupete.
ResponderEliminarBicos mil y feliz finde wap@s.
Hahaha, entón misión cumplida!! Seguro que che encantaba 😘
Eliminar