Continuamos na volta á rutina con máis e máis receitas. A cabeza está a traballar para vos traer moi diferentes opcións e hoxe presentámosvos a nosa última ocorrencia, uns petiscos de aguacate, ese produto tan na moda ultimamente polas súas múltiplas propiedades a pesar de non ser unha froita de día a día, entre outros motivos polo seu prezo.
Nós afeccionámonos a eles xa hai uns dous anos e desde aquela pasou a estar no noso menú semanal, habitualmente para os almorzos aínda que desta volta optamos por cociñalos para unha cea lixeiriña e, iso si, moi saborosa.
A árbore non se dá moi ben pola nosa terra debido a que necesita climas temperados (é común en zonas tropicais) aínda que hai zonas na Galiza en que curiosamente aparecen aguacates a moreas. Nós, por se acaso, xa temos a semente preparada, xa vos diremos se hai sorte.
Ademais, como xa sabedes das nosas inquietudes lingüísticas, queriamos comentarvos a orixe do termo, que aprendemos hai uns meses no estudo de americanismos na nosa lingua. Procede do náhuatl, lingua nativa aínda hoxe de moit@s mexicanos, e vén significando "testículo" nunha asociación visual evidente. Ora ben, non por iso o imos comer con máis reparos, non? A por el ;-)
Petiscos de aguacate
Ingredientes:
- 1 aguacate
- 1 ovo
- 2-3 culleradas de fariña
- 2-3 culleradas de pan relado
- 1/4 de culleriña de curry
- 1/4 de culleriña de allo
- Un chisco de sal
Utensilios: varios pratos, unha táboa e un coitelo, unha bandexa de forno e papel vexetal.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de cortar o aguacate en anacos.
De seguir, temos de mesturar o curry, o allo e o sal coa fariña.
Pasamos os anacos de aguacate pola fariña.
De seguir, polo ovo.
Por último, polo pan relado e colocámolos na bandexa do forno. Enfornamos a 200º, calor arriba e abaixo, durante 15-20 minutos, ou até que estean dourados.
E xa estarían listos para comer!
Agardamos que vos gusten e que os poñades en práctica pois son moi fáciles e deliciosos!
Gustades da presentación? Primeiro colocámolos nun pratiño mais a verdade é que non ficaban moi alá polo que decidimos optar polo cucurucho. Por certo, falando de cucuruchos, xa queda menos para o magosto, beeeen!!!!
Desculpade, que nos deixamos levar pola vea castañeira ás veces. De momento, toca desfrutar cos aguacates e con esta nova opción que se nos presenta para a súa degustación. Agardamos que vos sexa de proveito. Unha fortísima aperta, amig@s!!!
Hace años que no comia aguacate desde que me quede embarazada me daba una reaccion alergica y deje de tomarlo pero el mes pasado me tome un trozo y no me paso nada asi que lo volvere a introducir en mi dieta por que me encantaa.
ResponderEliminarUummmmmmmmmm que pintaza tienen esos petiscos ademas de ser muy faciles de hacer no dudo lo mas minimo que esten de muerte relenta , os han quedado de relujo.
Bicos mil wap@s.
Ohh! Sería unha reacción polo embarazo, mais se agora xa podes, aproveita que está delicioso ;)
Eliminar