sábado, 23 de setembro de 2017

Espetadas mouras

Bolboreteir@s!! Chega a fin de semana e hoxe imos cunha receita-capricho: espetadas mouras. Por que capricho? Porque se nos antollou esta semana cando os vimos feitos na carnizaría e como a nós nos presta máis preparalos na casa para lles botar exactamente o que nos apetece pois collemos un pouco de zorza e para diante! 
É probábel que a moit@s de vós vos sorprenda a denominación. Algo lóxico, por iso insistimos en mostrar a deturpación lingüística que sufrimos, especialmente nun ámbito diario como o gastronómico e na necesidade de reivindicar termos propios e formas galegas para podermos nomear a nosa realidade cotiá coa nosa lingua.
Ben, alén das nosas inquietudes lingüísticas, está claro que estamos perante un clásico carnívoro da grande parte da Península Ibérica. Ese calificativo de mouras, como podemos intuír, vén pola orixe culinaria nos países árabes.
Existen moitas variantes, aínda que a base identitaria deste prato está na carne adobada con pemento e allo. Velaquí a nosa versión: 



Espetadas mouras


Ingredientes:

  • 200 g de zorza
  • 1 pemento verde
  • 1 pemento vermello
  • 1 pemento amarelo
  • Ceboliñas en vinagre
  • Ourego
  • Cúrcuma
  • Pementa moída
  • Sal


Utensilios: unha cunca, picos longos e unha prancha.


Elaboración:

Para comezarmos, temos de adobar a carne co ourego, a cúrcuma, pementa moída e o sal ao gusto. 


A continuación, temos de cortar os pementos en cadrados e ir montando os picos, intercalando os pementos, a carne e as ceboliñas. 


Pasámolas na prancha, tendo coidado de que a carne se cociñe.


Ímoslles dando a volta para que se fagan por todos os lados e xa estarían listos para comer!


Agardamos que vos gusten e que os poñades en práctica 😉
Babexamos xa durante a preparación porque nos encanta a cor e olor que vai collendo a carne adobada deste xeito. O resto, como vistes, pouco conto ten. Coller os picos e xuntar o que desexemos coa carne. O máis importante está por chegar, claro. A desfrutar estas espetadas mouras!! Ñam! Unha forte aperta e moi boa fin de semana! 

2 comentarios:

  1. Es la primera vez que escucho llamar a las brochetas espetadas claro que aqui no es habitual hablar en gallego y lo que se habla es gastrapo ,ya intui que lo de mouras era por el aliño ,haceis bien en aclarar esas cosas nunca esta de mas aprender cosas nuevas.
    Seguro que estabaN para rexuparse los dedos ,una pena no poder catar una no habeis dejado de tentarme con las fotos.
    Bicos mil y feliz inicio de semana wap@s.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Sii, temos que intentar depurar a nosa lingua de castelanismos!
      Si, moi ricas aínda que o adobo non é coma o orixinal, haha! Mais hai especias difíles de encontrar por aquí!
      Apertas e grazas por pasarte!

      Eliminar