Bo día, bolboreteir@s!! Como vai todo nestes días que nos fan intuír a chegada do verán? Supoñemos que ben e con ganas de vacacións @s que aínda non as collestes.
Por aquí andamos moi content@s xa que os días de "Bolboreteando con" son sempre moi especiais e máis aínda cando o preparamos con persoas tan simpáticas e amábeis como quen hoxe vos traemos por aquí. A idea primeira era presentarvos unha conversa co conxunto de Poetarras aínda que por cuestións de tempo, ocupación e pola dificultade de realizar a entrevista en diferentes vías ao ser varias persoas, acabou Rubén Lino por representar os seus compañeiros.
Poetarras son xa unha referencia musical e cultural na Galiza por romper cos moldes musicais, por ir un paso máis alá e por combinar humor, crítica, festa, música... Poetarras non é unicamente cancións senón que hai un traballo co audivisual ben relevante a través de "sketches" con reflexións diversas. Creado en 2013 e integrado por Rubén Lino, Manuel Gago, Pablo Lamosa e Daniel Vilaverde, deixan temas xa coñecidos por moit@s como Feijóo, Lady Di, Eu (non) son, pero..., Anllóns, Chove en Galiza ou unha das nosas preferidas Hasta la diglosia siempre. Difícil dardes un paseo rápido pola súa canle de Youtube pois xa sabedes, a risa... engancha!
Entre eles, hoxe temos connosco a Rubén Lino, nado en Moaña no 89 e recoñecido cangués pois leva vivindo alí desde os 5 anos. Difícil adscribilo a unha actividade pois fai practicamente de todo. Licenciado en Comunicación Audiovisual leva unha carreira chea de achegas para a renovación da cultura galega pois esta ten de se adaptar a moi diversos formatos. Así pois, alén de voz e manexo de guitarra na música e vídeos de Poetarras, vénse convertendo no viner galego facendo das súas redes sociais un repositorio de retranca, sátira e risa. Precisamente no seu Instagram se autodefine como "un tipo que fai deshumor bastante desgracioso".
Anímase con todo e, a pesar de se recoñecer pouco cociñeiro, atreveuse coa proposta de Bolboretas no bandullo desde o inicio con toda a predisposición posíbel. Iso si, contou con axuda para a elaboración da receita, tal e como podedes ver no vídeo que nos ahegan. Agradecemos así pois a súa colaboración ademais de considerarmos un orgullo e oportunidade para nós conversarmos e coñecermos máis dunha artista e persoa das que convén seguir moi de cerca. Ollo, que vén RUBÉN LINO!

Benqueridos amig@s, moitísimas grazas por estardes con Bolboretas no bandullo. Agardamos que pasedes un bocadiño de tempo ben agradábel e entretido e que esta conversa vos deixe bo sabor de boca.
- Imos comezar de forma directa apelando a un sentido básico no goce e na satisfacción das nosas necesidades. A que sabe Poetarras? Que sabor pretende deixar nas persoas que oen a súa música?
- Rubén: Poetarras sabe un pouco acedo ao comezo, pero acaba deixando un gusto doce porque é un prato bastante riquiño. Máis que pretender deixar un sabor na xente, é máis importante invitar á reflexión e a crear un pensamento crítico sobre que sabores lles gustan máis e cales menos. Se nada diso funciona, sempre se pode facer coma min e botarlle Ketchup a todo.
- As vosas letras manexan un abano de temas enorme mais nelas o humor sempre está presente. Que papel credes que ocupa este para a humanidade, para unha cultura como a nosa?
- Rubén: É importante saber rir sobre calquera cousa xa que a risa é a mellor das terapias. Nós rímonos de todo, é certo, aínda que do que máis nos rimos é de nós mesmos (bo ou malo). Rir das cousas malas é unha maneira de pelexar contra elas e non deixar que te destrúan.
- Recordamos con moita gracia aquela anécdota coas Novas Xeracións do PP arredor da vosa actuación en Pontevedra e da confusión arredor do voso nome. Tivestes algún outro conflito deste tipo?
- Rubén: Un conflito do mesmo calibre ca ese non houbo (e damos grazas). Máis que nada porque, nese caso, empregouse o noso nome para facer dano e lanzar unha acusación bastante grave. Agora lembrámolo un pouco con risa, pero non foi moi bonito saír no xornal cunha foto e un titular no que poñía “El grupo proetarra”. A min, que teño vinculado o tuiter de Poetarras ao meu móbil e sempre son o primeiro en decatarme de todo, case me dá un ataque ao corazón hahaha.Agora que o penso... hai unha anécdota moi riquiña na que se confunden co noso nome. Non ten nada que ver coa anterior porque nesta non existe ningunha mala intención. É só unha confusión. Foi nun telexornal da TVG na que o presentador quizais non repasou o guión previamente e claro, cando leu no telepromter “POETARRAS”, pensaría “isto ten que estar mal!”, crería que era unha errata e rematou dicindo “Po... Po... Poetas” hahaha. É bastante simpático, a verdade. Pero é iso, sei que a min me tería pasado o mesmo. Aquí o enlace! https://www.youtube.com/watch?v=IM5UYsr8haQ
- A orixinalidade, que parte desde este nome de impacto, chega até cada un dos vosos temas. Cal é a canción coa que máis desfrutades enriba do escenario, a que estades máis orgulloso dela?
- Rubén: A miña canción favorita creo que é “Chove en Galiza”. Basicamente por esa mestura de balada, que sempre se relaciona con temas serios ou de amor, coa letra marabillosa que fixo Dani. É deses temas nos que sempre me custa aguantar a risa en directo, pero que me emociona a partes iguais. Non sei... é difícil de explicar. Interpretámola en directo dun xeito moi emotivo e a min chégame dentro, pero claro, cando me decato de que na letra estou dicindo: “marcha a luz na aldea e como alternativa só che queda subir á vila e buscar algún enchufe ao que te poidas conectar”, pregúntome por que me estou emocionando tanto e dáme a risa. Isto lévame a meter algunha gamba tocando, pero non pasa nada hahaha.
- Como xurdiu o grupo?
- Rubén: Os catro estudamos Comunicación Audiovisual en Pontevedra e tres de nós (Manu, Dani máis eu) fixemos un máster de guión ao rematar a carreira. Non é ningunha novidade se digo que a nosa carreira non é das que máis oportunidades laborais ofrece. Polo tanto, e como xa tiñamos afinidade facendo traballos no propio máster, decidimos xuntarnos e facer algo para darnos a coñecer. Eu, por aquel entón, era moi fan de Solocomedia de Ángel Martín, Alberto Casado e Róber Bodegas (sigo séndoo aínda que agora só estea Ángel Martín). Como somos guionistas, gústanos a comedia e non lle negamos a cara a iso de actuar, dixémonos “Por que non montamos algo semellante con sketches?”. Eu acaba de mercar unha cámara e un micro para gravar o audio e así empezou Poetarras. Ao comezo eramos Manu, Dani e eu, pero rápido metemos ao noso Dziga Vertov particular, Pablo Lamosa (que será o novo Messi do audiovisual galego).En canto á parte musical, foi pura coincidencia. Deuse a situación de que Manu, Pablo máis eu tocamos algún instrumento e que Dani leva facendo letras e escribindo toda a vida. Só houbo que facer a mítica pregunta de “e se facemos...?”. O que empezou como unha broma puntual dentro dos nosos sketches, rematou por ser do que máis visitas tiña na nosa canle e iso propiciou que aparecese o primeiro tolo demandando a nosa presenza enriba dun escenario.
- Todos coñecemos excentricidades varias de artistas internacionais antes dos seus concertos. Desde o tanque de oxíxeno de Lady Gaga, os chicles Trident verdes de Rihanna, a prostituta sen dentes de Marilyn Manson ou as botellas de Whisky de Lemmy Kilmister. Que capricho se daría Poetarras se puxesen o que for ao seu dispor no camerino?
- Rubén: Sempre me resultou moi curioso todo este mundiño dos caprichos de artistas. Eu, aínda que non o pareza, veño de tocar moitos anos en grupos de metal (Death metal en concreto) e ver como moitas bandas, das máis duras, demandaban Panteras Rosas, Cacaolats, Conguitos e demais, estaba guai. Toda a vida pensando que os metaleiros bebían sangue dalgún sacrificio satánico dos que facían habitualmente, pero non. Beben Cacaolats e comen Panteras Rosas e Trigretóns. No noso caso... pois non sei que pasaría! Hahaha. Seguramente non pediríamos nada. Non sei cal será a imaxe que proxectamos cara fóra, pero somos xente moi riquiña. Neste aspecto en concreto, fomos educados dun xeito moi semellante e sei que non cambiaría nada aínda que nos convertésemos nos novos Auryn cheos de petrodólares. En realidade, nunca pedimos nada alí a onde imos nin para comer, nin 40 toallas brancas, nin botellas de alcol, nin vicios varios. Quizais somos moi parvos... quen sabe! Hahahaha. Nah... hai moita xente que che dá o pouco que teñen e nós somos moi agradecidos.
- A concienciación lingüística de Poetarras é evidente e convén reivindicala pois referentes culturais así son fundamentais. Nesta liña, a gastronomía é un dos campos a normalizar. Até que punto credes que é importante chamármoslle ao polbo polo seu nome?
- Rubén: Xa non é só que sexa importante, senón que é así. Sendo consciente dos moitos erros que cometo, trato de mellorar o meu uso da lingua día a día. E non só por min, senón tamén para axudar ao máis importante, á súa normalización. Aínda hai pouco, contoume miña nai que en Cangas sempre se dixo “polbo”, pero que en Moaña era “pulpo” e que os de Moaña mirábante mal se dicías “polbo” hahaha. Por desgracia, hai moitas festas gastronómicas galegas deste estilo. Se non axudamos á lingua dende o máis básico, dificilmente imos conseguir normalizala.
- Cando ides por aí xantar ou cear, quen de vós é máis fiábel no criterio gastronómico?
- Rubén: Eu dende logo que non. Sempre son dos que se pode ir ao Kebap... nin mo penso! En realidade, son un rapaz que me gusta comer de todo e non hai ningún prato ao que lle diga que non. Creo que fun ben educado nese sentido. Iso si, se hai que comer cousas “modernas” fíome sempre de Manu que é o que controla.
- Nestes anos xa levades feito unha boa chea de concertos mais... Con que actuación soñades?
- Rubén: Levo tocando en grupos de música e indo a festivais dende moi novo e o meu soño sempre foi subirme a un escenario grande coma o dos concertos que ía ver. Por aquel entón, víao como algo imposible, semellante a tocar en Woodstock e non me imaxinaba que chegaría a ter esa oportunidade. Neste sentido, para min xa estou máis que contento. Agora ben, se preguntades con que actuación soñamos, está clarísimo que sería representando a Galiza en Eurovisión. Dígoo en nome de todos sen saber se o pensan de verdade. Se non o pensan, deberían pensalo hahaha.
- Que lle pediriamos a Galiza para avanzarmos culturalmente e non ficar somerxidos nesta globalización, tamén musical, que nos aprisiona?
- Rubén: Non ter medo, arriscar. Temos que quitar da cabeza esa inxusta idea de que co galego non nos van escoitar fóra. Traemos moreas de bandas xeniais cantando en inglés, italiano, vasco, etc. e non hai ningún problema. Por que o galego vai pechar as portas? No noso caso, é xustamente o contrario. Foi o galego quen nos proporcionou todas estas oportunidades e é unha alegría ver a moita mocidade achegándose ao idioma grazas á música.
- Hai pouco presentamos por aquí unha recompilación de merendas da infancia, ligada como non, ao Xabarín Club. Cales eran as vosas delicias da tarde nos 90?
- Rubén: Eu son moi clásico. Se había bocadillo de nocilla, non escollía outra cousa (isto sigo facéndoo). Aínda que tamén me gustaba experimentar cando non vixiaba miña nai. Fixen moitos bocadillos de manteiga con azucre, manteiga con marmelada... Aínda que o meu bocadillo estrela foi o de pipas (que pelaba eu previamente, claro).
- Poetarras xa cantou ao Anllóns, á choiva, á cona... elementos de orgullo [vale, tamén a Feijóo e Gloria Lago ;-)]. Desde Bolboretas no bandullo facemos campaña desde xa por un tema gastronómico. Que prato/alimento tería o pracer de ser levado á música por vós?
- Rubén: Supoño que, vendo como funcionamos nós, será aquel prato que teña un xogo de palabras gracioso hahaha. Somos moi directos nese sentido. “POR QUE ANLLÓNS?!” Porque se parece moitísimo a “I’m yours”. Non hai volta de folla. Iso si, a alguén se lle ten que ocorrer, non? Evidentemente, na gastronomía hai moitas posibilidades, así que nada queda descartado. Igual pode ser relacionado con botarlle ketchup a todo (é que teño un problema).
- E ben, rematándomos inmensamente agradecidos e felices de contar no blogue con quen tanto admiramos, presentamos unha cuestión definitiva: CUPCAKE OU MUFFIN? Hahaha.
- Rubén: Ui ese debate! Hahahaha. Xa tiven moita discusión para ver se é magdalena, se é cupcake, se é cakepop, se é muffin, se é muffinger Z, se ten base de biscoito, se ten non sei que conto... Tendo nós un idioma fermoso como temos, para que poñerlle nomes que os nosos maiores non van poder pronunciar cando o fagan?! O que hai é moi pouca solidariedade. Para rematar, deixámosvos co noso primeiro programa de “cociña con Poetarras” no que preparamos uns suculentos aperitivos eurovisivos que vos van provocar auténticas bolboretas no bandullo: https://www.youtube.com/watch?v=fHzJEZq48JA
Como non podía ser doutra forma, Poetarras aterrou na cociña a través do Youtube e do humor. Xenial Rubén e Manu neste dúo culinario que nos deixa tan bo sabor de boca e ganas de máis.
Que ben o pasamos con este Bolboreteando e que ganas nos están entrando dun concertiño de Poetarras. Nós, ao igual que no pasado LGX15, prometemos acompañar coas xa míticas lambetadas de licor café.
Agardamos que desfrutarades coa colaboración de hoxe e de novo damos millóns de grazas a Rubén Lino por todo o esforzo en que isto quedase ben e por toda a axuda prestada desde o primeiro até o último momento. Aquí queda a súa casa virtual para sempre!
Forte aperta, bolboreteir@s!

Como me ha gustado la entrevista pues si conozco el trabajo de Poetarras y me encantan , una pena no hayan podido participar el resto de componentes ,Ruben lo ha echo genial me ha encantado leer la entrevista asi como las video recetas.
ResponderEliminarRuben para ser poco cocinero tanto el humus como el gazpacho le han quedado de miedo.
Muchas gracias por compartir con quienes os visitamos a gente tan encantadora.
Bicos mil y feliz semana wap@s.
Que ben que che guste a entrevista! Os Poetarras son uns craks e as receitas son fantásticas!!
EliminarApertas!!