Continuamos!!!! Hai culturas que destacan internacionalmente polo seu poder gastronómico. Un dos mellores exemplos é a da nosa Galiza, mais así sucede con Italia, China ou México. Deste último país temos xa varias receitas en Bolboretas no bandullo desfrutando ao máximo cada unha deles por esa marca diferencial que ofrecen, cheos de sabor e intensidade.
Son tan tradicionais na nación azteca que existen máis de 100 variantes sendo tamén tradicionais en países como Guatemala. A súa historia está ligada á das tortillas de millo, xa presentes nas civilización precolombinas aínda que hoxe en día é común encontrármolas feitas tamén de trigo. De feito, nós optamos por estas posto que xa as tiñamos na casa.
Sexa como for, caracterízase por un elemento principal, común a boa parte da gastronomía mexicana e que lle dá sentido (e nome) a este prato: o chile. Iso si, a cantidade de chile... A gusto de cada un. Nós como tiñamos convidados non arriscamos mais, se tedes valor, cargádelle ao chile, haha! Aí vai:
Enchiladas de polo
Ingredientes:
Para as enchiladas:
Para a salsa:
- 500 g de salsa de tomate
- 200 ml de nata
- 1 pemento
- 1 cebola
- 1 dente de allo
- 1 chile
- Pementa moída
- Sal
Utensilios: unha pota grande, unha tixola, unha fonte apta para o forno, un prato, unha culler de pau e unha táboa e un coitelo.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de facer as peitugas. Para iso, temos que cortar en anacos grandes a cebola, a cenoria, o apio e o allo. Cubrimos con abundante auga e quentamos até que comece a ferver.
Cando ferva, engadimos as peitugas, a pementa moída e o sal e deixamos cociñar 12-13 minutos.
Retiramos a peitugas e, se queredes, podedes coar a auga da cocción xa que é un delicioso caldo de polo. Cando arrefríen un pouco as peitugas, cortámolas en anacos moi finos. Reservamos.
Cando o allo comece a coller cor, engadimos a cebola e o pemento, cortados en dadiños.
Cando se rustran un pouco, engadimos a nata e deixamos cociñar 5 minutos máis.
Agregamos o tomate e cociñamos 10 minutos máis. Se vedes que queda moi espesa, podedes engadir un pouco do caldo de cocer o polo coas verduras.
Pasado ese tempo, xa podemos montar as nosas enchiladas. Colocamos unha tortilla de trigo sobre un prato e un pouco de polo sobre ela.
Un pouco de salsa.
E un pouco de queixo relado.
Enrolamos as enchiladas e colocámolas nunha fonte apta para o forno.
Botamos por enriba unha pouca máis de salsa e de queixo relado.
Enfornamos a 200º, calor arriba e abaixo, durante, aproximadamente 15 minutos, ou até que vexamos que as tortillas están douradas e o queixo fundido.
Poderiamos sacarlle máis partido fotográfico aínda que as enchiladas non tiñan o día moi fotoxénico. Con todo, o que si deu o máximo de si foi o resultado para o padal. Cousa saborosa! Unha nova opción para o corpus mexicano de Bolboretas no bandullo e unha nova idea a terdes moi en conta para poder algo de picante ao voso menú 😀. Viva México e vivan @s bolboreteir@s!!! Unha forte aperta!!
que rabia da cuando las fotos no son reflejo de lo buenos que estan los platos, verdad? a mi tambien me pasa mucho, pero si quieres que te diga la verdad se ve bien apetecible estas enchiladas, biquiños
ResponderEliminarXa, a nós dános moita rabia que as fotos non mostren o bo que están os pratos, mais ás veces é imposíbel 😐😐! Mais o principal é que vos gusten as receitas 😋😋!
EliminarGrazas por pasarte 😘😘
La verdad es que da rabia cuando las foto no hacen justicia a los platos , yo las veo divinsiimaaaaaas y no dejais de tentarme por que no estamos mas cerca que si no me teniais en casa a comerlas seguro estan de muerte relenta.
ResponderEliminarBicos mil wap@s.
Moitísimas grazas polas túas palabras! Mais si que dá rabia cando as fotos non saen como queres, porque non destacan tanto a receita, haha!
EliminarUn bico e grazas 😘