Si, si, si, nova receita aquí! E con vídeo! Que máis pedir para unha fin de semana solleira coma esta?Temos os ánimos polas nubes e isto lévanos a nos pór atrever con todo tipo de creacións gastronómicas. Ademais, xa andamos pensando en coller o tupper e saír ao parque ou praia coa nosa empanada, ensalada ou galletas. Si, si, galletas. Xa non é unha primeira vez que reivindicamos o proveito deste alimento non só na súa versión máis tradicional, doce, senón tamén como petisco salgado. Isto permítenos integrar produtos ben interesantes como fixemos aquí co noso adorado queixo San Simón.
Mais... contámosvos un segredo? Que ían ser o aperitivo da cea e acabaron por ser o prato único e principal. Vaia homenaxe nos demos con esta delicia.
Sempre vos animamos a imaxinardes e xogardes na cociña e estes crocantes de San Simón e froitos secos supoñen a nosa última creación, chea de ilusión e cargada de sabor. Aí vai a última video-receita!

Crocantes de San Simón e froitos secos
Ingredientes:
- 100 g de queixo San Simón
- 90 g de fariña
- 50 g de manteiga
- 10-12 pistachos
- 10-12 améndoas
- 10-12 cacahuetes
- Pementa moída
- Ourego
Utensilios: unha picadora, unha cunca grande, un rolete, uns moldes, unha bandexa de forno e papel vexetal.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de picar os froitos secos.
De seguir, temos de mesturar os froitos secos coa fariña, a manteiga, os pistachos, as améndoas, os cacahuetes, o queixo e a pementa moída e o ourego, ao gusto.
Traballamos os ingredientes até conseguir unha bola, en que todos os ingrediente estean unidos.
A continuación, estiramos a masa coa axuda dun rolete até que quede moi fina.
Despois, coa axuda dos moldes, dámoslle forma e colocámolas nunha bandexa de forno cuberta con papel vexetal.
Enfornamos a 200º, calor arriba e abaixo, durante 10 minutos ou até que estean douradaas.
Deixamos arrefriar un pouco e xa estarían listas para comer!!
Agardamos que vos gusten e as poñades en práctica.
Gustoso!!!! Deberíades marcar un día no voso menú semanal para comer ou cear con galletiñas salgadas. E claro, esta sería a opción principal para todos os amantes do queixo e das texturas crocantes na cociña.
Cando estabamos coas mans na masa pensabamos que ía ser algo máis difícil conseguir un bo resultado mais con tranquilidade e paciencia acabamos por dar cunha das revelacións dos últimos tempos en Bolboretas no bandullo.
Deixámosvos entón coa lectura desta receita que tamén podedes desfrutar en formato vídeo aquí Unha fortísima aperta!!!

Nunca he echo galletas saladas y despues de ver vuestra receta no os haceis a la idea de lo que me habeis tentado una pena no poder meter la mano no dejan de decirme comemeeeeeee.
ResponderEliminarComo siempre receta y fotos del paso a paso son de 20 points, me voy pipitando a ver el video.
Bicos mil y feliz semana wap@s.
As galletas salgadas son perfectas tanto para aperitivos, merendas, cando imos de excursión, nunha festa de aniversario... Ademais están deliciosas e pódeslles botar o que se queira!!
EliminarGrazas polas túas palabras!
Un bico