Bolboreteir@s, cada vez fica menos para o Entroido. Mais nós xa estamos metidos de cheo na época máis lambona do ano. Se o pasado domingo presentabamos a video-receita dos freixós que tradicionalmente se fixeron na nosa casa, a versión doce, hoxe optamos polos freixós tan típicos en boa parte de Galiza, aquela versión salgada apta para comer en calquera momento do menú e en calquera parte do día.
De feito, din que Galiza se divide entre Rías Altas e Baixas, entre Depor e Celta ou entre costa e interior mais na verdade a verdadeira loita está entre @s que fan as filloas salgadas ou doces. Hai para quen botarlle leite é un sacrilexio e para quen o é que leven auga. Nós solucionámolo degustando un día uns e outro día, outros!
Aquí traballamos coa opción simple, a que apenas leva auga con sal, mais en moitos fogares vénse facendo directamente coa auga sobrante do cocido co que gañan moita intensidade aínda que a nós fánsenos un pouco fortes de máis.
Así pois, téndomos os doces e os salgados, que excusa queda para non preparar agora mesmo as filloas? Ningunha. Adiante con elas!!!

Freixós salgados
Ingredientes:
Utensilios: unha cunca, un batedor eléctiro e un manual e unha ou dúas tixolas.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de batir os ovos.
De seguir, engadimos a auga e mesturamos moi ben.
Agregamos o sal e a fariña, pouco a pouco. Nós utilizamos 300 g de fariña de trigo e 200 g de integral, mais podedes utilizar a que máis vos guste. Ten que quedar unha masa un pouco grosa, como pasa nos doces, así que a cantidade é aproximada, xa que igual tedes que engadir un chisco máis. De todas formas tede en conta que co repouso posterior collerá máis grosor. Sexa como for, se serve de máis axuda, tedes o vídeo aquí dos freixós doces e de que como nos queda a textura, que ben sendo a mesma (a partir do 2:30).
Pasamos o batedor eléctrico para eliminar os posíbeis gromos que haxa na masa. Tapamos e deixamos que repouse un par de horas.
Quentamos as tixolas e untámolas con aceite ou touciño (a segunda opción é a ideal aínda que desta volta non tiñamos na casa). Botamos unha pouca da masa e movemos a tixola para repartir a masa. Deixamos que se faga por un lado e, cando se poida despegar, dámoslle a volta e deixamos que se cociñe polo outro. Como vedes, non sempre quedan perfectos, mais esa tamén é a graza, non? 😜
Facemos o mesmo con toda a masa e xa estarían listos para comer! Podémolos comer así ou ben recheos, para o que proximamente vos daremos ideas! Agardamos que vos gusten e os poñades en práctica.
Xa vedes que, aínda que sempre se fala con respecto da preparación de freixós, non ten apenas dificultade. As claves están na textura do amoado, que non fique demasiado lixeira nin grosa, e no volteado, para o que a temperatura da filloeira e o engraxado é fundamental.
Supomos que moit@s de vós xa andades metidos na cociña preparando as marabillas gastronómicas do Entroido mais para aqueles/as que aínda non destes o paso, agardamos hoxe abrirvos o apetito e animarvos a meter as mans na masa. Adiante cos freixós, bolboreteir@s! Unha aperta!!
nos encantan las filloas pero reconozco que somos más de las dulces! aunque viendo la pinta que tienen las tuyas esto puede cambiar ! jajaj, biquiños y Bo entroido!
ResponderEliminarNós tamén somos máis de doces mais estas moi moi ricas 😂😂
EliminarMil grazas polas túas palabras e por pasarte 😘😘
Ni me pueden gustar más! Que ricos que deben estar
ResponderEliminarUn abrazo y feliz semana
Moitísimas grazas!!
EliminarIgualmente e moitos bicos!!
Ricos no lo siguiente yo en lugar de agua le pongo caldo limpio ,la proxima vez que los hagais probar vereis que ricos estan .
ResponderEliminarBicos mil wap@s.
Sii, témolos que probar co caldo, que seguro están moi ricos tamén, que van ter máis sabor 😍😍
Eliminar