sábado, 21 de xaneiro de 2017

Patacas "fritas" saudábeis

Sorpresa neste sábado completamente invernal. A xornada estavos para ficar na casa, coller a manta, realizar esas lecturas que tanto nos apetece e levar á práctica algunha desas receitas que tiñamos anotada para un día como o de hoxe. Mais... tamén apetece un novo vídeo de Bolboretas no bandullo, non é? Pois si, parece que vai día ideal para visualizarmos esta nova receita no Youtube, unha das nosas preferidas desde hai moito tempo pois revolucionou a nosa cociña desde que a descubrimos. E por que sendo simplemente unhas patacas "fritas"? Pois sabéndomos que en practicamente todos os fogares se comen patacas un par de veces, canto menos á semana, e téndomos en conta que talvez sexa un dos produtos máis calóricos da nosa alimentación habitual, resulta moi relevante mudarmos a súa preparación en beneficio da nosa saúde.
E non pensedes que vos hai que facer moita cousa... Botádelle unha ollada ao vídeo e á receita que aquí deixamos escrita e veredes que non ten moito conto. Mais si, os beneficios son evidentes. E o sabor? Pois deixámosvos que iso nolo digades vós. Por aquí xa houbo amig@s que se sumaron á moda das patacas saudábeis e non voltaron ás "normais". E vós? 





Patacas "fritas" saudábeis



Ingredientes:

  • 2 patacas
  • 1 dente de allo
  • Ourego
  • Pementa moída
  • Sal
  • 1 cullerada de aceite



Utensilios: un molde apto para microndas, unha tixola e papel transparente. 


Elaboración:


Para comezarmos, temos de pelar, lavar e cortar as patacas en dados. 


Poñémolas nun molde apto para microndas, tapámolas con papel transparente, picámolo e metemos no micro sobre 6-8, até que estean brandas. 


Pasado ese tempo, rustrimos o dente de allo no aceite e, cando comece a coller cor, engadimos as patacas, botamos a pementa e cociñamos até que se torren, isto ao noso gusto. Agregamos o ourego e dámoslles dúas voltas máis.




Servimos e xa estarían preparadas para comer! Agardamos que vos gusten as nosas patacas saudábeis!


Receita fugaz, sinxelísima e saudábel. E sobre todo... recorrente. Receitas para incluírmos as patacas fritas na nosa alimentación sen reparo ningún a graxas e calorías. Agardamos a vosa reacción pois seguro que este complemento tradicional de menú vos sorprende nesta nova elaboración. De feito, despois de a probardes, nada volverá ser como antes, hahaha.
Ben, pois deixámosvos para que vos gardedes ben do frío. Agardamos que gustárades da nova receita e esperamos que vos unades á nosa comunidade Youtubeira coa vosa subscrición para irmos traendo máis e máis receitas tan saborosas coma esta. Lémonos e vémonos, amig@s! Unha forte aperta para arrequecer 😀😁

2 comentarios:

  1. Adoro a receita!!!! Algunha alternativa para as que non usamos microondas? ;P Mil bicos!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que ben que che guste! Poderíase facer todo o proceso na propia tixola, só que tardaría un pouco máis, senón cocer un par de minutos para que abranden algo e así non tarde tanto na tixola... 😉
      Esperamos terche sido de axuda!
      Apertas 😘

      Eliminar