Aquí seguimos, bolboreteir@s! Como vai a semana? Agardamos que ben, e con ocos para prepararmos novas receitas de Bolboretas no bandullo, aínda que a de hoxe... seguro que preferides deixala para a fin de semana para vos dar unha homenaxe.
Retornamos aos doces con esta variante da americana torta S'more, unha lambetada que naceu na primeira metade do século e que vemos como unha típica torta que @s estadounidenses levan para os días de parque. Parece que a creadora foi Loreta Scott Crew, facéndoa para as súas compañeiras e compañeiros Scouts. Ben é certo que a orixinal presenta por arriba unha capa de nubes, que pasaban cun pau polo lume para lle dar algo de cor. Nós optamos por substituír estas nubes por merengue porque sabiamos que vari@s comensais non gustaban dese primeiro elemento.
Así pois, engadimos ao noso corpus de tortas unha nova opción saborosa, rápida e apta para inexpertos no campo da repostaría. Mais... dirixida a persoas moi lambonas que gustan moitísimo do chocolate porque estamos perante unha bomba calórica, das que precisan un pouco de deporte para compensar, haha. Aí vai!
Torta S'mores (merengue)
Ingredientes:
- 500 g de galletas
- 225 g de manteiga
Para a crema de chocolate:
Para o merengue:
- 3 claras de ovo
- 165 g de azucre
Utensilios: un molde, unha picadora, un queimador eléctrico (ou forno), un cazo, un batedor (eléctrico), unha culler de pau, unha cunca e unha pota.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de triturar as galletas.
Cando estean ben picadas, engadímoslles a manteiga derretida e seguimos batendo.
Despois, colamos a masa sobre o molde e estirámola moi ben. Se queredes, para que sexa máis doado o desmoldado, poñédelle un pouco de papel vexetal na base. Refrixeramos.
A continuación, poñemos a ferver a nata.
Cando ferva, retiramos do lume e engadimos o chocolate e a crema de cacao e avelás.
Deixamos que repouse un par de minutos e comezamos a remexer até conseguir unha crema homoxénea.
Botámola sobre a galleta e refrixeramos 2-3 horas.
Pasado ese tempo, temos de facer o merengue. Ao baño maría, poñemos o azucre coas claras e quentamos até que se desfaga o azucre.
Cando se desfaga, retiramos do lume e comezamos a bater co batedor eléctrico até que as claras monten, e estean duras para podermos facer formas.
Despois, desmoldamos a torta, para que sexa máis sinxelo con menos peso, e cubrimos a superficie co merengue, facémoslle algunha forma cun garfo ou cunha culler.
E torramos o merengue co queimador eléctrico, ou senón tedes, meténdoo no forno co gratrinador até que doure.
Refrixeramos un par de horas máis e xa estaría lista para comer!!
Se entra ben polo ollo... imaxinade para o bandullo. Nós preparámolo para a celebración do noso aniversario coas amizades e valentemente acabámola toda, arrepentíndonos de non ter deixado un pouco máis de espazo para degustar unha segunda porción.
Xa sabedes, podedes realizala seguindo a versión orixinal con nubes (nós probaremos un día destes), e se gustades do merengue, seguido estes sinxelos pasos para lograr unha larpeirada ben satisfactoria. Tres, dous, un... A por ela!
Buuufffffff con lo lamboreteira que soy no tenia que haber venido a ver la receta hasta las rodillas me llegan las babas ,solo de pensar como tiene que estar un solo bocado muero .
ResponderEliminarComo siempre receta y fotos del paso a paso son de 20 points.
Bicos mil wap@s.
A verdade é que estaba moi boa, xa andamos buscando outra oportunidade para a facer ;)
EliminarApertas e grazas!
con lo que me gusta el merengue y el chocolate, esta tarta es pura tentacion, bicos
ResponderEliminarSii, compleméntanse moi ben, o merengue dálle o toque de frescura ao chocolate.
EliminarGrazas e bicos!!