sábado, 5 de novembro de 2016

Chile con carne (á galega)

Bo día, bolboreteir@s. Chegou o día de desvelar o misterio do prato de hoxe que xa vos fomos adiantando polas diferentes redes sociais. Moit@s de vós aproximástesvos e outr@s destes ideas para o futuro ben apetitosas.
Ben, pois hai unhas semanas inspirounos a colega de Quero Xamón ao publicar unha receita saborosísima de Chile con carne e pensamos que chegara o momento, despois de tela pendente durante tempo, de a elaborarmos nós tamén. Esta semana puxémonos con ela e foi cando ollando ao noso arredor, na cociña, cando decidimos darlle un toque persoal, galeguizar o prato orixinario de Texas cun elemento identitario da nosa gastronomía como son os pementos de Padrón. Mais claro, podedes pensar que con iso arriscámonos a que non pique pois xa sabedes o caprichosos que estes pementos son, non? Porén, iamos sobre seguro pois estes eran de tarde, dos que deixamos medrar na horta quedando xa agora só aptos para @s máis valentes posto que fican feros.
Ninguén na casa os quixo apañar así que decidimos darlle proveito, e esta receita era a mellor opción. Engadimos pois estes pementos galegos (aínda que non puidemos evitar botar tamén un chile) e logramos un prato saboroso, intenso e con eses matices tan curiosos que xa nos deixara no padal o chile con carne que tiñamos probado por aí.
Aí vai a última delicia de Bolboretas no bandullo:


Chile con carne (á galega)


Ingredientes:

  • 200 g de carne picada
  • 200 g de fabas vermellas
  • 150-200 g de tomate triturado
  • 100 ml de auga
  • 5-6 pementos de padrón
  • 1 tomate
  • 1/2 cebola
  • 2 dentes de allo
  • 1 culleriña de comiño
  • 1 culleriña de pemento picante
  • 1 culleriña de ourego
  • 1 chile (opcional)
  • Pementa moída
  • Sal
  • Aceite de oliva
  • Para acompañar: arroz branco e nachos

Utensilios: unha tixola, unha culler, unha táboa e un coitelo e un prato para presentar.


Elaboración:

Para comezar, temos de quentar dúas culleradas de aceite e engadir o comiño. 



 Mesturámolo ben co aceite e engadimos os dentes de allo, a cebola e os pementos de padrón, ben picadiños. 


Cando abranden as verduras, engadimos a carne picada e deixamos que se doure un pouco, a lume alto. 


Sazonamos co ourego e a pementa moída. 


Tamén o pemento e, de ser o caso, o chile. É importante ir degustando de vez en cando para comprobar que vai ao noso gusto e engadir o que for preciso. Por iso neste caso optamos por engadir ese chile, para dar algo máis de picante.


Mesturamos ben e engadimos o tomate triturado. 


Deixamos que se cociñe, seguimos a lume alto, para que a carne quede torradiña. 


Pasados 3-4 minutos, engadimos o tomate, cortado en anaquiños. 


E as fabas. 


Agregamos o vaso de auga e baixamos o lume, deixamos cocer 15-18 minutos, até que espese.  


Agora temos de montar o chile con carne, acompañándoo co arroz e os nachos e a comer!


Que vos parece? Certo é, que como respectabamos en boa medida os pementos non lle botamos demasiados polo que, finalmente, picaba mais sen ser demasiado. Vós coñecédesvos mellor que ninguén e cando poñades en práctica esta receita seredes quen de probar o vaso grado de valentía botando máis ou menos pementos de Padrón e, por tanto, maior ou menor cantidade de picante. E por suposto, tamén poderedes engadir máis chile!
Esta é unha das receitas salgadas coa máis contentos ficamos ultimamente pois lograbamos todo o que buscabamos nela. A mellor proba é que non habemos tardar nada en repetir, deixounos cativados. Que maneira de saber. Xa o proceso é ben gorentoso con ese arrecendo... Ai, que xa nos entra a fame a estas horas... Unha forte aperta, bolboreteir@s!

4 comentarios:

  1. Un plato bien rico que con los pimientos de padrón tiene que estar para chuparse los dedos, biquiños

    ResponderEliminar
  2. Guuuaaaaaau pintaza tiene, seguro que los pimientos de padron le van de remiedo al chile.
    Uummmmmmmmmmm por que no puedo que si no me llevaba un plato para comer.
    Como siempre receta y fotos son de 20 points.
    Bicos mil wapos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas! A verdade é que lle dan un toque moi rico 😉😘

      Eliminar