Bo día, bolboreteir@s! Preparándovos para visitar o Camposanto ou estades aproveitando a xornada para descansar e argallar coas receitas arquivadas? Ben, pois como adiantamos o pasado mércores no programa Galicia por Diante da Radio Galega, hoxe presentámosvos unha das receitas tradicionais do noso outono, concretamente ligadas ao Samaín e as celebracións de Santos e Defuntos: as chulas de cabaza.
Ben, aínda que resulta complexo datar a súa orixe (hai quen a sitúa xa nos inicios célticos do Samaín), si parece un hábito larpeiro de certo percorrido que gaña en simbolismo pola utilización da carne dun dos produtos estrela da tempada, a cabaza. Ademais, esta receita permite xogarmos coa ornamentación da cabaza e aproveitar o seu interior para lograr un manxar. Iso si, non todas as cabazas serven, claro; xa sabedes que a maioría das que venden actualmente nos supermercados veñen preparadas unicamente para a súa decoración. Mais non sucede iso coas da horta!
Ben, aínda que resulta complexo datar a súa orixe (hai quen a sitúa xa nos inicios célticos do Samaín), si parece un hábito larpeiro de certo percorrido que gaña en simbolismo pola utilización da carne dun dos produtos estrela da tempada, a cabaza. Ademais, esta receita permite xogarmos coa ornamentación da cabaza e aproveitar o seu interior para lograr un manxar. Iso si, non todas as cabazas serven, claro; xa sabedes que a maioría das que venden actualmente nos supermercados veñen preparadas unicamente para a súa decoración. Mais non sucede iso coas da horta!
Certo é que non ten a mesma presenza esta receita en todos os territorios galegos e, de feito, nós coñecímola hai uns anos a través duns compañeir@s de Pontevedra, onde parece que si están asentadas. Así pois, decidimos que este era o ano de degustalas por primeira vez e, non contándomos con receita propia, tiramos proveito da elaborada por De Rechupete, que nos deu paso a unha sobremesa idónea para festexarmos a comuñón cos espíritos que nestes días andan por aquí ;-)
Chulas de cabaza
Ingredientes:
- 250 g de cabaza
- 100 g de fariña
- 3 ovos
- 2 culleradas de azucre
- 1 sobre de lévedo en po
- Aceite de oliva
- Auga
- Para decorar (opcional): azucre glas
Utensilios: unha pota, unha cunca, un batedor manual, unha tixola, unha peneira, un garfo e dúas culleres.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de pelar e cortar a cabaza. Cocémola 40 min para que abrande.
De seguir, escoámola e triturámola coa axuda dun garfo. Poñémola nunha peneira para eliminarmos o exceso de auga.
Engadímoslle os ovos e mesturamos moi ben.
Agregamos o azucre e remexemos de novo.
Botamos, pouco a pouco, a fariña mesturada co lévedo.
A continuación, quentamos unha tixola con abundante aceite e, coa axuda dunha culler, engadimos culleradas de masa. O lume deberá estar medio alto (sobre 6-7 na vitro).
Deixamos que se fagan polos dous lados e retirámolas sobre papel vexetal para eliminar o exceso de aceite.
Deixamos arrefríar un pouco e, se queremos, podémolas empoar co azucre.
E xa estarían preparadas para comer! Agardamos que vos gusten!
Na casa cocemos a cabaza cunha area de sal.
ResponderEliminarObrigada polas cosas receitas!
Grazas a ti. Quedamos co apuntamento para a próxima posta en práctica. Unha forte aperta!
EliminarAcho que ia gostar destes fritos doces! mham! :)
ResponderEliminarSim, são deliciosos!! Obrigado!
EliminarMe requete encantaaaaaaaaaaaaan este año apenas hay calabazas asi que me tocara comprarla para hacerlas de momento solo he echo tres veces bizcocho de calabaza en nada hare las chulas que tambien nos gutsan muchisimo en casa.
ResponderEliminarComo siempre receta y fotos son de 20 points.
Bicos mil wapos.
As receitas con cabaza dan moito xogo porque teñen un sabor riquísimo!! 😍
EliminarFíxenas este ano polo Samaín e a xente ficou abraiada, gostaron moitísimo :D Saen supergorentosas, a non perder.
ResponderEliminar