martes, 7 de xuño de 2016

Arepas

Gardada tiñamos esta marabillosa receita desde hai semanas e xa non nos recordabamos de a presentar. Así pois, onte, lembrándonos dela reelaborámola e volvimos desfrutar da sinxeleza e eficacia das arepas.
E tod@s coñecedes este prato? Non pasa nada. O que pasa é que nós temos vantaxe por contar con amizades galego-venezolanas que nos dan a coñecer receitas tradicionais do outro lado do Atlántico. Ai, unha outra xoia para a sección de receitas internacionais!
As arepas son un outro exemplo de grandes resultados con moi pouco: apenas fariña e auga. Despois para o recheo... mil e unha posibilidades, coma sempre. Aínda que nós non resistimos e tivemos que papar algunhas acabadas de pasar pola tixola, sen nada por dentro. Ñam!

Arepas


Ingredientes:

  • 300 gr de fariña de millo (PAN)
  • 350 ml de auga
  • Un chisco de sal
Recheo: Leituga, queixo e pepperoni (opcional)

Utensilios: unha cunca, unha tixola e un pano (opcional). 


Elaboración:

Para comezarmos, temos de mesturar a fariña co sal. De seguir, engadimos a auga e imos mesturando. 



Temos de conseguir facer boliñas compactas coa masa. Se vedes que quedan moi duras, engadide un chisco máis de auga e se, polo contrario, quedan moi brandas, agregade máis fariña. Facemos as boliñas e aplastámolas coa axuda das mans. 





A continuación, quentamos unha tixola (que non pegue), debe estar a lume medio, e colocamos as arepas. Se é posíbel que a tixola pegue un pouco, podedes engadir un chisco de manteiga ou de aceite. 


Deixamos que se cociñen de 2 a 3 minutos por cada lado e ímoslles dando voltas até que creen unha crosta na superficie. Despois, e para que non arrefríen, tapámolas cun pano mentres facemos as outras. 


Abrímolas e reenchemolas cos ingredientes que máis nos gusten. O máis típico é o "perico" mais nós, neste caso, queríamos aproveitar o pepperoni que nos sobrou do Bolo-pizza de pepperoni. Porén, como temos pensado repetir nun futuro próximo, probaremos co "perico" e xa vos ensinamos a receita. 


E xa estarían preparadas para comer! Que aproveite! Xa vedes que tamén se podería colar nunha suposta categoría de receitas supersinxelas aínda non creada. Se non gustades da rutina e preferides, con frecuencia, probar cousas novas para vos sorprender a vós mesmos e aos demais, aquí tedes unha boa oportunidade. Venezuela é saborosa! Apertas!


5 comentarios:

  1. Te han quedado estupendas! Ahora mismo me comía una de buena gana.

    Un besazo ^_^

    ResponderEliminar
  2. Que doadas son de facer e que boas quedan ¿verdade?. Estas quedaron ben xeitosas, lástima dun par delas pra agora mesmo que xa vai sendo hora de cenar.

    Bicosss

    ResponderEliminar
  3. Que doadas son de facer e que boas quedan ¿verdade?. Estas quedaron ben xeitosas, lástima dun par delas pra agora mesmo que xa vai sendo hora de cenar.

    Bicosss

    ResponderEliminar