martes, 5 de abril de 2016

Merengues de cores

Xa estamos por aquí unha vez máis. Xa veriades polas redes sociais que levamos unhas semanas de moitísimo movemento. E iso é bo, moi bo!
Como xa anunciamos en Facebook e demais, o venres 28 de abril estaremos no Hotel Hesperia Finisterre, no congreso "Gastronomía y Alimentación 2.0", convidados por Ecom Events. Teremos a sorte de compartir mesa dentro da sección "Experiencias de éxito" con Gastro y Política, Lucía Baballa ou Beis-Burguer Culture. Tedes máis info e o programa aquí. Nós, estamos contentísimos de desfrutar dunha oportunidade coma esta para visibilizar a nosa proposta e tamén a relevancia do galego na rede.
E para festexalo, démonos un festexo de cores! Ben, para festexalo e para recibir a Begoña Fontenla e o equipo da Revista da TVG, que pasaron onte por Viveiro para gravar unha reportaxe sobre Bolboretas no bandullo. Estamos contentísimos coa experiencia e agradecidísimos a Begoña pola oportunidade. Xa avisaremos, claro, da emisión :-)
Aquí vai este resultado larpeiro de tanta ledicia:

Merengues de cores


Ingredientes:

  • 4 claras de ovo (140 gr)
  • 280 gr de azucre
  • 1 cullerada de vainilla
  • Colorantes alimentarios
  • Para decorar: boliñas de cores 
Utensilios: unha cunca grande, un batedor eléctrico, varias cuncas pequenas e culleres, unha bandexa de forno e papel vexetal.


Elaboración:

Para comezarmos, temos de batir as claras coa axuda do batedor eléctrico. 


 Cando empecen a subir, imos engadindo o azucre pouco a pouco. 


Despois, engadimos a vainilla e seguimos batendo. 


Até que estean a punto de neve. 


A continuación, separamos a mestura en diferentes cuncas, o número delas dependerá do número de cores. Nós útilizamos 3 cores. azul, lila (mesturando azul e vermello) e amarelo. 


De seguir, botamos a mesturas en diferentes mangas e ímoslles dando forma sobre a bandexa de forno cuberta con papel vexetal. 


Enfornamos, co forno prequente, a 95º, calor arriba e abaixo, durante 1 hora. 





Pasado ese tempo, quitamos os merengues do papel e colocámolos na fonte en que imos presentar os merengues.


Como vedes, é unha receita moi sinxela e moi vistosa, que deixará a tod@s @s convidad@s abraiad@s! E xa vedes a versatilidade do merengue. Se tedes a xornada con afán artístico seguro que logrades auténticas marabillas. E unha vez degustado... alcanzaredes os altares da dozura. Superrecomendábel para lambonciños 100%.
Notamos que algúns/algunhas xa están babexando... por que será? haha. Unha aperta e grazas por estardes sempre aí!



4 comentarios:

  1. Felicidades por ser convidados ó congreso "Gastronomía y Alimentación 2.0", espero que teñades un dia inolvidable e nos narredes como foron os acontecementos ó detalle. De momento, aquí me quedo eu con ganas de levarme á boca un par destes merengues tan bonitos, !!menuda lambetada mais boa!!

    bicosssssss

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Siii, faremos unha entrada para contarvos todo ao detalle xa que se isto é posíbel e grazas a vós ;)!
      Moitísimas grazas por todo!!
      Apertas!!

      Eliminar
  2. Que bien que os hayan invitado al congreso de gastronomia y alimentacion pero lo mejor es que os hayan echo esa entrevista para la Tvg ,avisame con tiempo de la emision que no quiero perdermela.
    Los merengues divnisimos no lo siguiente me encantan.
    Bicos mil y feliz semana wapa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Sii, xa avisaremos con tempo 😋😋
      Moitísimas grazas e feliz finde!!

      Eliminar