sábado, 9 de abril de 2016

Torta de chocolate e nata branquiazul

Amig@s lambonciñ@s, xa para ir rematando esta semana de múltiplas sorpresas, traemos unha torta de aniversario para unha pequena amiga que, como podedes ver, é moi moi deportivista. Por tanto, que mellor que decorar esta larpeirada con motivo branquiazul?
Xa levamos unha torta do Depor e outra do Barça, agardamos non perder lectores dos clubs rivais, haha. Mais eu penso que esta sobremesa merece ben a pena comela sexas do equipo que sexas, posto que mestura un biscoito de chocolate moi ben feito, moi esponxoso, cun dobre recheo de nata que o convirte nun manxar divino. Chocolate, nata... que máis pedir?
As obleas van ao gusto do consumidor e podédelas conseguir nalgunhas pastelarías, tendas de repostaría creativa etc. O sabor... ben, o mítico deste papel comestíbel, mais ornamentalmente fan unha achega importante ás tortas. Sempre queda a opción de debuxar a man esa decoración con fondant, mais... dá o seu traballo e desta volta non había moito tempo.
E que, apetece un bocado desta torta futboleira?

Torta de chocolate e nata branquiazul


Ingredientes: 


Para o biscoito:
  • 4 ovos
  • 1 vaso e medio de fariña 
  • 1 vaso e medio de azucre
  • Medio vaso de leite
  • Medio vaso de aceite
  • 2 culleradas de cacao en po 0%
  • 1 sobre de lévedo en po
  • Unha pouca de fariña (para o molde)
  • Un chisco de manteiga (para o molde)

Para o recheo e a decoración:
  • 750 ml de nata
  • 5-6 culleradas de azucre
  • Colorante azul
  • Unha oblea de arroz

Utensilios: un molde de 26cm, 3 cuncas, un batedor eléctrico (ou manual), unha espátula, un coitelo, dúas mangas pasteleiras e dous bicos.


Elaboración:

Para comezarmos, temos de bater os ovos co azucre até que os ovos dupliquen o seu tamaño.


De seguir, engadimos o aceite e o leite.









Botamos o cacao, a fariña e o lévedo mesturados. 









Batemos a mestura até que todos os ingredientes estean integrados.


Engrasamos o molde coa manteiga e a fariña (opcionalmente, se é un molde desmoldábel, podemos pór papel vexetal para que sexa máis sinxelo sacalo del) e botamos a mestura aí.


Enfornamos a 180º, calor abaixo e ventilador, durante, aproximadamente 1 hora. Deixamos arrefríar completamente.


De seguir, debemos dividir o biscoito en tres capas para facermos dous pisos co recheo.


A continuación, montamos a nata co azucre e dividímola en dúas partes, para podermos tinguir unha de azul e poder facer a nosa decoración. Colocamos a parte superior do biscoito sobre o prato en que a imos presentar e cubrímolo cunha capa abundante de nata azul.


Cubrimos coa parte central do biscoito e estendemos unha capa de nata branca e, finalmente, tapamos coa parta inferior do biscoito para que a superficie sexa máis recta.


Estendemos unha capa finiña de nata por todo o biscoito e, no centro, pegamos a oblea. Despois, botamos o resto das natas nas mangas pasteleiras co bico e imos facendo liñas intercalando as natas ao redor da oblea e do biscoito. 









Refrixeramos 2 horas para que se asenten os sabores e xa estaría lista para comer! Agardamos que vos guste.  


O azul como vedes quedou moi suave e talvez algo máis claro do que corresponde coas cores do equipo, mais na configuración da torta daba á perfección. Xa vedes que sorpresa ao cortar o primeiro bocado. A pequeamiga, que cumpría dez anos levou unha verdadeira sorpresa, aínda que pouco durou xa que entre tod@s @s convidad@s fixémola desaparecer nun momento, hahaha.
Agardamos que vos animedes a probar con ela. Coa vosa personalización claro, sexa de equipo de fútbol, de motivo paisaxístico ou amoroso. Lémonos, bolboreteir@s!

6 comentarios:

  1. Un bocado dís??..non muller, que sexan doUs polo menos. Primerio un cachiño, facemos un descansiño como no fútbol, e logo o segundojajajajaja. !! Ben bonitiña que quedou e ben rica que tivo que estar !!

    Bicosss

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hahahaha! Paréceme perfecto!! Moitísimas grazas!!
      Moitos bicos!!!

      Eliminar
  2. Uummmmmmmmmmmmm que rica desde que la vi en el movil tengo antojo de un caxin seguro estaba de muerte relenta ademas de quedarte de relujo ,a la cumpleañera le encantaria su tarta no le falta detalle.
    Me llevo mi cachito virtual.
    Bicos mil y feliz semana wapa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ohh, moitísimas grazas!! Para ela foi unha sorpresa que non contaba coa torta 😂😂 e foi doble sorpresa que tampouco contaba con nós!!
      Mil bicos

      Eliminar
  3. que bonita! y con ese interior esta para no dejar ni las migas! bicos

    ResponderEliminar