sábado, 14 de novembro de 2015

Papas San Miguel

O sábado é un dos mellores días da semana, e un dos motivos está na presentación de cada nova receita aquí. Canto nos prace traervos pratos diversos cada semana para que podades pór en práctica. 
E a de hoxe forma parte da gastronomía que coñecimos en Andalucía, concretamente nunha taberna de Sevilla. Xa vos avisamos de que habiades obter beneficio desa nosa viaxe, e aquí tedes unha proba, haha.
O camareiro recomendounos, por típica, unha ración destas patacas e encantaráronnos. E pensando en pola en práctica procuramos información a respecto do seu nome ou tamén da súa presenza noutros territorios e chamounos a atención a carencia de datos ao respecto na rede. Así que, ou o de típico o inventou quen nos atendeu, ou alí é unha ración propia creada polo propio local. Sexa como for, nos quedamos con todos e cada un dos ingredientes para a elaborar fielmente. Desta forma, quedamos cun anaco de Sevilla para sempre. Que o bandullo ten moi boa memoria :-)

Papas San Miguel


Ingredientes (para 2-3 racións):

  • 3 patacas grandes
  • Maionesa allada (receita aquí
  • 2-3 lascas de salmón afumado
  • 1/2 vaso de viño branco
  • 2 culleradas de aceite
  • Pirixel
  • Pementa moída
  • Sal

Utensilios: fonte apta para forno, batedor eléctrico, coitelo e culler.

Elaboración: 

Para comezarmos, temos que pelar, lavar e cortar as patacas en cadradiños. Colocámolas nunha fonte para forno. Botámoslles un chisco de pementa moída e sal.

Engadímoslles o aceite e o viño branco.


Despois, un pouco de pirixel picado e mesturamos moi ben. 



Enfornamos a 200º, calor arriba e abaixo, durante 25-30 minutos, ou até que estean brandiñas e un pouco douradas. 


De seguir, botámoslles dúas ou tres culleradas de maionesa allada (receita aquí), á que lle podemos engadir un chisco de pirixel.


E, sobre a maionesa, colocamos lascas de salmón afumado e un chisco máis de pirixel.


E xa estarían preparadas para comer! Agardamos que vos gusten :)


Son ou non apatecíbeis? Un dos xeitos máis cremosos e saborosos de degustar patacas. Sexan San Miguel ou San Pataco, merece a pena mercarmos un pouco de salmón para lle tirar o máximo rendemento a este foráneo, mais xa tradicional tubérculo, que ben pode ocupar o posto principal en calquera menú cunha receita tan rica.
Desde xa, tedes un pouco de gastronomía sevillana en galego ao voso dispor. Unha fortísima aperta!!!!

4 comentarios:

  1. E canto vos agradezo eu que compartades as vosas lembranzas culinarias! Estas patacas de seguro gostarán moitísimo na miña casa. Coma bós galegos, temos debilidade pola pataca, incluso a engadimos á fabada, pouca, pero ten que estar presente. Así que cada vez que compartides este tipo de receitas, os ollos fanme chiribías (non sei se en Galego díse así) hahaha

    Así que mil grazas pola vosa xenerosidade e alégrome motísimo de que disfrutárades tanto da vosa viaxe.

    Unha aperta enorme para os dous!

    Yoly

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitísimas grazas a ti, por estar sempre do outro lado, lendo e comentando!!
      Alegrámonos que che gusten! Se as fas, non dubides en dicirnos a túa opinión!!
      Bicos guapa!

      Eliminar
  2. Hace años que estuvimos en Sevilla pero no vi estas patatas y no dudo esten deliciosas con tu premiso tomo nota seguro que nos van a encantar en casa , te han quedado de relujo.
    Bicos mil wapa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Nós só as vimos nun restaurante mais o camareiro díxonos que eran típicas de alí... igual eran creación dos cociñeir@s!!
      Apertas e grazas!

      Eliminar