sábado, 3 de outubro de 2015

Arroz cremoso de forno ao parmigiano

Bo día! Unha outra receita para @s lectores/as de Bolboretas no bandullo mais que vai servir para abrirmos unha nova sección de receitas internacionais. É dicir, a partir de xa, tentaremos dúas ou tres receitas das que presentamos ao longo de cada mes, sexan referente nalgún país para dar a coñecer outras culturas gastronómicas. Iso si, procuraremos sempre presentar pratos factíbeis na nosa terra. Está ben coñecermos pratos doutros países mais mellor aínda que teñamos recursos para os elaborar. Iso si, xa hai lugares que son moi recorrentes na nosa cociña alén de Galiza, claro: Italia, Mallorca ou EUA xa apareceron en diversas ocasións así que bolboretearemos por outros territorios.
E comezamos por un exótico e paradisíaco que está tendo cada vez máis sona debido ás celebracións deportivas: Brasil! A decisión de comezar polo país brasileiro non foi de todo aleatoria posto que desde que comezamos a carreira e aprendimos portugués, chamounos moito a atención e desexamos algún día poder visitalo. Mentres tanto, entramos en contacto coa súa gastronomía a través dun prato que alá se prepara con certa frecuencia. En xeral, adoitan traballar bastante con arroces de forno, e esta receita co queixo como protagonista resulta un bo exemplo. Ademais, se botades unha ollada aos ingredientes, veredes que todo o podemos encontrar nos comercios da zona. Seguro que vos encanta!

Arroz cremoso de forno ao parmigiano

Ingredientes (para 6 persoas):
  • 1 cunca de arroz
  • 160 gr de beicon
  • 140 gr de millo doce
  • 60 gr de queixo parmigiano
  • 50 gr de olivas
  • 1 bola de queixo mozzarella
  • 3 ovos
  • 3 dentes de allo
  • 1 pastilla de caldo de ave
  • Mollo de tomate caseiro (ou 2 tomates triturados)
  • 2 culleradas de aceite
  • Auga
Utensilios: bandexa apta para forno, batedor manual (ou garfo), prancha, tixola (ou pota), culler e coitelo.

Elaboración:

Comezamos preparando o arroz. Para iso, rustrimos os 3 dentes de allo, cortados en láminas, no aceite. 


Cando se comecen a dourar, engadimos o arroz.


Dámoslle unhas voltas para que colla o sabor do allo e engadimos a auga (nós utilizamos 3 partes de auga por unha de arroz, mais tedes que mirar o que marque o paquete). Engadimos, tamén, a pastilla de caldo.


Deixamos cocer, tamén o tempo que veña marcado. Nós fixemos o basmati e levoulle 16 minutos. Reservamos mentres preparamos o resto dos ingredientes.


Cortamos o beicon en anacos e rustrímolo un momento na prancha. O noso era de pavo, mais podedes utilizar o que máis vos guste. Reservamos.


Nunha cunca, botamos o millo doce, o beicon e as olivas, cortadas en anacos. 


Engadimos o arroz e a mozzarella, en pequenas porcións, e mesturamos moi ben. Reservamos.




Batemos os ovos con parte do parmigiano.





Agregámolos sobre o arroz e mesturamos moi ben. 


Estendemos o mollo de tomate caseiro (ou os tomates triturados) no fondo da fonte que imos utilizar. 


E colocamos a mestura do arroz sobre el.


Empoamos a superficie co resto do parmigiano. 


Enfornamos a 180º, calor arriba e abaixo, até que se doure o queixo. 


E xa está preparado para comer!! Que aproveite!


Ollade na última foto a cremosidade que fica no arroz. Ese ovo batido e as importantes cantidades de queixo déixanse notar facendo que o arroz adquira un sabor impresionante que ademais se ve reforzado con esas porcións de olivas ou beicon.
Este prato, que non supón moito gasto, sorprenderavos a vós e tamén aos vos@s convidad@s posto que poucas veces se adoita degustar arroz nun xeito similar. Desde logo que foi todo un acerto probarmos coa gastronomía brasileira. Éxito total!
Agardamos que pensedes o mesmo cando o probedes. Iso si, queremos ver mostra do resultado :-) Unha fortísima aperta, bolboreteir@s!

8 comentarios:

  1. Nesta casa gostamos moitísimo do arroz e o queixo é sempre unha boísima opción para nós, polo que lle dou un 10 sobre 10 e me levo a receita conmigo!

    O finde pasado fixen a costela ó forno coa vosa receita e quedou de rechupete! Tiña que dicirvolo para que sigades facéndoo tan ben como deica agora!

    Apertas grandes, rapaces e feliz finde!

    Yoly

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que ben que che gusten as nosas receitas! E que vos gustase a costela, iso é un motivo máis para seguir cociñando e compartindo os nosos pratos!
      Apertas para ti e feliz finde!!
      Bicos!

      Eliminar
  2. Uummmmmmmmmmmmm llevo un rato haciendote la ola ,con lo que me gusta el arroz y nunca lo he echo asi ,no tardare en copitearte la receta me ha recordado a un arroz que comi hace alos en Portugal.
    Como siempre receta y paso a paso son de 20 points, te ha quedado divnisimo.
    Bicos mil y feliz domingo wapa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que ben! Alégranos moito que che guste! Xa nos contarás se o fas así!
      Moitas grazas por lernos!

      Eliminar
  3. un arroz para hacerle la ola! ya lo creo, tiene que estar buenisimo bicos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitad grazas! Que alegría que che guste :-)
      Apertas

      Eliminar
  4. Esta receta de arroz cremoso al horno me parece una pasada de rico! La voy hacer mañana porque me ha entreno antojazo de el

    Un abrazo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que ben! E que tal o resultado? Seguro que xenial:-) :-)
      Grazas por todo,
      Bicos

      Eliminar