Bo día! Unha outra receita para @s lectores/as de Bolboretas no bandullo mais que vai servir para abrirmos unha nova sección de receitas internacionais. É dicir, a partir de xa, tentaremos dúas ou tres receitas das que presentamos ao longo de cada mes, sexan referente nalgún país para dar a coñecer outras culturas gastronómicas. Iso si, procuraremos sempre presentar pratos factíbeis na nosa terra. Está ben coñecermos pratos doutros países mais mellor aínda que teñamos recursos para os elaborar. Iso si, xa hai lugares que son moi recorrentes na nosa cociña alén de Galiza, claro: Italia, Mallorca ou EUA xa apareceron en diversas ocasións así que bolboretearemos por outros territorios.
E comezamos por un exótico e paradisíaco que está tendo cada vez máis sona debido ás celebracións deportivas: Brasil! A decisión de comezar polo país brasileiro non foi de todo aleatoria posto que desde que comezamos a carreira e aprendimos portugués, chamounos moito a atención e desexamos algún día poder visitalo. Mentres tanto, entramos en contacto coa súa gastronomía a través dun prato que alá se prepara con certa frecuencia. En xeral, adoitan traballar bastante con arroces de forno, e esta receita co queixo como protagonista resulta un bo exemplo. Ademais, se botades unha ollada aos ingredientes, veredes que todo o podemos encontrar nos comercios da zona. Seguro que vos encanta!
Arroz cremoso de forno ao parmigiano
Ingredientes (para 6 persoas):