martes, 1 de setembro de 2015

Pementos recheos de gambas e cogomelos

Como vedes a este verán só lle queda do mesmo a denominación porque nós xa hai tempo que non sabemos nada do sol. E claro, que facer con estes días en que temos un pouco de tempo libre e non se nos ocorre como o aproveitar. Pois animarnos cunha receita de Bolboretas no bandullo que sempre son moi sinxeliñas de facer e moi eficaces. E aquí tedes unha nova mostra.
Co paso do tempo xa nos ides coñecendo, e xa sabedes, por tanto, canto nos gusta traballar con verduras e sobre todo reenchelas. E que dan tanto e tanto xogo! E os pementos, pola súa forma son comodísimos para este tipo de receitas. De feito, non sei se lembrades outra receita de pementos recheos...  aquí a tedes. Porén, desta volta probamos a inserirlles unha das nosas combinacións preferidas: gambas e cogomelos, sabéndomos que o resultado non defraudaría. E así mesmo foi. O que si, variamos os pementos como veredes. E aquí tedes os pasos e o resultado:

Pementos recheos de gambas e cogomelos


Ingredientes (para 12 unidades):
  • 12 pementos pequenos
  • 10-12 gambas
  • 10 cogomelos
  • 2 tomates
  • 1 cebola 
  • Allo en po
  • Pementa moída
  • Estragón
  • Sal
  • Aceite
Utensilios: fonte apta para forno, picadora tixola, coitelo, culler. 

Elaboración:

Para comezarmos, temos que preparar os pementos. Para iso, témoslles que quitar a parte superior e lavalos moi ben, despois reservamos.  Nós, para esta ocasión, escollemos pementos pequenos vermellos, laranxas e amarelos para dar un toque de cor e, que segundo escollas unha cor ou outra, mude un chisco o sabor.  



Para preparar o recheo, picamos finamente a cebola e rustrímola en dúas culleradas de aceite. 


Cando estea brandiña engadimos os cogomelos, tamén picados finamente. Mesturamos moi ben. 


De seguir, botamos as gambas (desconxeladas ou pelada) cortadas en anacos pequenos. 


Sazonamos con pementa moída, estragón (ou unha especia que vos guste) e un chisco de sal. 


Pasados 2-3 minutos, trituramos os tomates coa picadora e engadímolos á mestura anterior. 










Mesturamos moi ben e deixamos cociñar 10-15 minutos. 



Coa axuda dunha culler pequena, imos reenchendo os pementos e colocámolos nunha fonte apta para forno. 


Botámoslles unha cullerada de aceite e enfornamos a 160º, calor arriba e abaixo, durante, aproximadamente, 20 minutos.



E xa están listos para comer!! Podémolos acompañar con patacas fritidas/asadas/cocidas, ensalada, pan, arroz branco...


Abre o apetito só con velos, verdade? E xa vedes que complicacións, as mínimas. O que procuramos é que teñades os máximos recursos posíbeis para conseguirdes unha alimentación completa e variada. E sempre con pratos do máis saborosos. Non serve comermos cousas das que non gustamos porque estaremos sufrindo continuamente. Mellor procurar alimentos saudábeis e procurar o modo en que máis nos apetezan. 
Unha aperta fortísima! Que vaia ben este mes de volta á rutina e que se leve da mellor forma posíbel :-) 

4 comentarios:

  1. Uummmmmmmmmmmmm me imagino lo ricos que tenian que estar esos pimientos, babeando me tienes que lo sepas , te han quedado de relujo.
    Bicos mil wapa y feliz semana.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitísimas grazas!! A verdade é que son moi saborosos e moi fáciles de facer!
      Bicos

      Eliminar
  2. Se ven riquísimos! Me encanta el relleno que les has puesto con ese sofrito rico, esta la apunto para poder disfrutar de ella, estupenda receta

    Un abrazo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que alegría! Se a fas algún día, non esquezas mandarnos unha foto co resultado!!
      Moitas grazas polas túas palabras!
      Bicos

      Eliminar