Como vedes a este verán só lle queda do mesmo a denominación porque nós xa hai tempo que non sabemos nada do sol. E claro, que facer con estes días en que temos un pouco de tempo libre e non se nos ocorre como o aproveitar. Pois animarnos cunha receita de Bolboretas no bandullo que sempre son moi sinxeliñas de facer e moi eficaces. E aquí tedes unha nova mostra.
Co paso do tempo xa nos ides coñecendo, e xa sabedes, por tanto, canto nos gusta traballar con verduras e sobre todo reenchelas. E que dan tanto e tanto xogo! E os pementos, pola súa forma son comodísimos para este tipo de receitas. De feito, non sei se lembrades outra receita de pementos recheos... aquí a tedes. Porén, desta volta probamos a inserirlles unha das nosas combinacións preferidas: gambas e cogomelos, sabéndomos que o resultado non defraudaría. E así mesmo foi. O que si, variamos os pementos como veredes. E aquí tedes os pasos e o resultado:
Pementos recheos de gambas e cogomelos
Ingredientes (para 12 unidades):