sábado, 5 de setembro de 2015

Patacas "cajún"

Bo sábado amig@s bolboreteir@s! Xa chegou a fin de semana, que sabemos que tanto vos tarda, principalmente por lerdes unha nova receita de Bolboretas no bandullo, non é? Haha. Pois hoxe imos centrarnos nun produto que ten un grande peso na nosa gastronomía e que adoita utilizarse como complemento de manxares centrais como o polbo ou os chourizos, por mencionar dous clásicos. Si, falamos da adorada pataca. E se ben é certo que o frecuente é elaboralas de forma tradicional: asadas, cocidas ou fritidas; tamén debemos recordar que se lle pode sacar moito xogo para outras receitas. Así pois, hoxe presentamos un bo exemplo disto que comentamos.
E que isto de "cajún"? Pois un tipo de gastronomía tradicional e sinxela que ofrece aos seus produtos uns sabores moi intensos e aromáticos e que ten a súa orixe na cidade estodounidense de Louisiana na época da escravitude africana. A pesar da comodidade e rapidez das patacas fritidas, esta receita constitúe unha boa alternativa saborosa e saudábel. Aínda que non sexa para todos os días, veredes canto sabor ganan as patacas deste xeito. Aí vai!

Patacas "cajún"


Ingredientes:
  • 1 pataca grande
  • 1/2 culleriña de pemento doce
  • 1/2 culleriña de pemento picante
  • 1/2 culleriña de cebola en po
  • 1/2 culleriña de allo en po
  • 1/4 culleriña de ourego
  • 1/4 culleriña de alfábega
  • 1/4 culleriña de tomiño
  • 1/4 culleriña de estragón
  • 2 culleradas de aceite

Utensilios: coitelo, cunca, fonte para forno, papel vexetal.

Elaboración:

Para comezarmos, temos de preparar a pataca. Para iso, pelámola (non é necesario) e lavámola moi ben. Cortámola en anacos. Nós, neste caso, só fixemos unha pataca, se facedes máis teredes que aumentar as cantidades das especias. 



De seguir, temos de mesturar os pementos, a cebola, o allo, o ourego, a alfábega, o estragón e o tomiño. 


Mesturamos as patacas coas especias e o aceite. 



Colocamos o papel vexetal sobre a bandexa do forno e, sobre este, poñemos as patacas sazonadas. 


Enfornamos a 220º, calor arriba e abaixo, durante 20-25 minutos, teredes que comprobar se están feitas. 


E xa están preparadas para comer! Podédelas acompañar de calquera carne ou peixe, ou mesmo poñelas de aperitivo con algún mollo que vos guste. Nós aproveitamos para cociñarmos no forno, ao mesmo que as patacas, uns crioulos, que empaquetamos con papel vexetal e fixéronse no mesmo tempo que as patacas. 

Ollade que bonitiñas se ven así as patácolas, que diría a canción da Roda. Non é preciso engadir ningún outro mollo xa que presentan suficiente sabor por si mesmas, aínda que nós tiñámolas para o crioulo e máis para probarmos. Desde hoxe xa coñecedes un novo estilo de comida, o "cajún", e unha nova forma de degustar as patacas, converténdose en principais protagonistas do menú. Xa nos está tardando volver a facer unhas poucas. Que saborosas!
Pasade boa fin de semana desfrutando das últimas festas do verán. Unha fortísima aperta, lambonciñ@s!

7 comentarios:

  1. ¡Olaaaa Diana e compañeiro!

    Alégrame moito saudarvos de novo! E alégrame tamén chegar a puntiño para ler esta receita, pois estas patacas son unha especialidade da miña nai e góstanos moitísimo tanto ao meu neo coma a min. O caso é que miña nai non ten receitas propiamente ditas, e ainda que eu intentei segui-los seus pasos no intre en que ela as fai na súa casa, cando o intentei na miña, non me saíron nin a metade de ricas. Así que agradezo moitísimo tela receita por escrito ó fin!

    Moitísimas grazas pola vosa continuidade e por facer máis doada, tanto a cociña salada coma a doce, nas nosas vidas. Sodes uns cracks! ;)

    Unha aperta moi grande e bicos a moreas!

    Yoly

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois xa nos contarás se se achegan ás que fai túa nai, aínda que xa sabemos que a cociña das nais ten moitos segredos, hahaha!!
      Bicos e grazas polas túas palabras, que sempre nos alegran!

      Eliminar
  2. que ricas para el picoteo ! seguro que son irresistibles, bicos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Sii, a verdade é que colles unha e xa non podes parar!!
      Bicos e grazas por lernos!

      Eliminar
  3. Me encanta. Las patatas fritas pero estas se ven riquisimas! Me han encantado y la mezcla de especias, si que las voy hacer

    Un abrazo

    ResponderEliminar
  4. Te han quedado de relujooooooooooooo yo las hago hace años en casa nos gustan mucho , desde hace un tiempo las hago en el microondas quedan genial .
    Bicos mil wapa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Sii?? E canto tempo as deixas (porque teño que probar)?
      Moitas grazas por comentar!
      Bicos

      Eliminar