Xa por aquí de novo e hoxe con máis ganas que nunca, xa que despois dunha semana moi produtiva a nivel gastronómico, hoxe presentámosvos o que para nós vai ser o prato estrela deste mes e unha das receitas das que máis orgullosos estamos até agora xa que a consideramos unha novidade creada a partir dun dos grandes alimentos da Galiza, o nabo.
Soábanos de ver facer un biscoito de verduras tamén a Arguiñano, debía ser de espinacas, mais non o tiñamos claro. Así que como a avoa nos deu da horta as primeiras nabizas da tempada, aproveitamos para lles tirar o máximo rendemento que se nos ocorreu, facendo un biscoito delas. E como todo invento, a tensión estaba manifesta xa que non sabiamos se quedaría a cor que prentendiamos, nin tampouco o sabor. O verde xa podedes ver como se fixo dono do prato logrando unha verdadeira beleza gastronómica. E canto ao segundo, cómpre dicirmos que a esencia da nabiza se mantén intacta sendo do máis sorprendente co novo formato que lle ofrece o biscoito. Desde logo, só faltaba un bo recheo con salsa para alcanzar a plenitude. E así foi. Non nos fiabamos moito do noso criterio xa que andabamos emocionados coa creación, mais houbo algún outro comensal sorprendido e que prometeu levalo á practica para marabillar á súa xente.
Vai aí!

Biscoito de nabizas enrolado
Ingredientes:
Para o biscoito:
Para o recheo:
- 8 lascas de pavo
- 6 lascas de queixo
- 1 tomate grande
- 1 cenoria
- 10-12 olivas
- 4-5 culleradas de maionesa allada (receita aquí)
Utensilios: batedor eléctrico, bandexa de forno, papel vexetal, unha cunca, unha culler, un coitelo e un pano.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de facer o biscoito para enrolar. Para iso, quitamos os tanos do nabo, quedándonos só coa folla, coa nabiza, e lavámolas moi ben para as triturar co aceite e coas xemas dos ovos.
A continuación, engadímoslles a fariña co lévedo.
De seguir, montamos as claras a punto de neve e botámosllas á mestura anterior.
Colocamos o papel vexetal sobre a bandexa do forno e botamos a mestura anterior formando un rectángulo, intentando que teña o mesmo grosor por todas as partes. Enfornamos a 180º, calor arriba e abaixo, durante 5 minutos (parece pouco, mais veredes que resulta suficiente). Despois, tapámolo cun pano e reservamos.
Mentres arrefría, preparamos o recheo. Picamos en anacos pequenos o pavo, o tomate, as olivas e relamos a cenoria.
Despois, facemos a maionesa allada, receita aquí. Botámoslla ao recheo e mesturamos moi ben.
Estendemos a o recheo sobre o biscoito, deixando 3-4 cm dun lado sen recheo.
Comezamos a enrolar con coidado para evitar que quebre.
Et voilà! Aquí o noso biscoito de nabizas enrolado. Talvez algunha persoa se estrañe ao ver o nome xa que adoitamos asociar o biscoito ao doce, mais se vos parastes a ler a receita, comprobastes que nada está fóra de lugar e ningún produto choca con outro. De feito, sorprendeunos bastante a harmonía que presenta á hora de o degustar. De todas formas, o que vos dicimos sempre, se non gustades moito dalgún elemento, trocádeo sen medo.
Por certo, penso que despois de lerdes esta receita, vos pode interesar un artigo de Colineta en que nos fala de nabo, nabiza e grelo e das súas distincións. Dicimos que pode ser de axuda porque moita xente adoita confundir uns con outros. Aquí o tedes: "Grelos no son nabizas"
Recomendámosvos, iso si, animárvos con este biscoito xa que temos moitísimas ganas de que nos deades a vosa impresión e ver a nosa receita plasmada nas vosas cociñas. E que non vos asuste nada, xa que vedes que podedes lograr moitísima elegancia desde a sinxeleza. Aquí vos queda para sempre unha das nosas mellores receitas. Unha forte aperta, amig@s!

Está de medo este biscoito, unha gran invención, dou fe 😉 con moitas ganas de volvelo probar!!
ResponderEliminarRosalía
Agora tócavos a facelo!! hahaha
EliminarMoitísimas grazas Rosalía!
Bicos
Que receta mas rica y sana! Me han encantado estas tortas vegetales truenen que estas riquisimas con ese estupendo relleno, me las apunto
ResponderEliminarUn abrazo
Moitas grazas! Xa nos contarás que tal :-) :-)
EliminarMil bicos
Impresionante, qué boa idea tivestes e que ven a levastes á practica! A ademáis quedou de guinda! Teño que intentalo... A teoría parece doada, pero non sei eu se saberei facelo ben na práctica hahaha
ResponderEliminarParabéns, chicos, e unha aperta grande!
Yoly
Sii, proba que xa verás que che encanta! É moi sinxelo xa verás!!
EliminarUn bico e grazas por comentar!