martes, 15 de setembro de 2015

Lentellas da casa

Xa vedes, 15 de setembro mais un tempo que vai do outonal ao invernal con fortes ventos, chuvia e vaia, de frío chégalle ben tamén para o mes en que estamos... Cómpre dicir tamén que nós somos moi friorentos. E isto lévanos a pensar en pratos quentes de culler dos que adoitamos tirar máis no inverno mais que nós xa estamos recorrendo a eles. 
Revisando o noso blogue, víamos que até o de agora tiñamos algún oco posto que apenas presentamos receitas de prato fondo coma esta, así que hoxe é un bo día para comezar. E por suposto facémolo cunha das nosas preferidas desde ben pequenos, de feito recollemos aquí a receita que chegou a min por miña avoa e miña nai, non modificándomos nada dela para respectar a tradición familiar que deu coas lentellas perfectas para o noso gusto.
A pesar de que as lentellas non adoitan caracterizarse pola súa estética nin pola novidade, si as queriamos traer tamén ao blogue para lle facer a vida máis sinxela a aquelas persoas máis novas que están comezando a cociñar e lle teñen algo de medo a clásicos gastronómicos. Non resulta máis complexo preparar unhas boas lentellas do que unha pizza, así que non quededes con ganas delas.

Lentellas da casa


Ingredientes (para 4 persoas):

  • 1/2 taza de lentellas
  • 1 chourizo
  • 3-4 lascas de xamón
  • 1 cebola
  • 1 tomate
  • 1 cenoria 
  • 1 culleriña de pemento doce
  • Auga

Utensilios: pota, culler de pau, picadora.


Elaboración: 

Para comezarmos, temos de picar as verduras na picadora. 




Botámolas na pota e mesturámolas ben.


De seguir, cortamos o xamón e o chourizo en anacos e engadímolos sobre as verduras.


Agregamos a media taza de lentellas.




E o pemento doce. 


Engadimos auga até que cubra todos os ingredientes e quede un par de dedos sobre eles. 


Levámolas ao lume, que debe estar forte até que ferva e despois poñémolas a medio-baixo durante 40-45 minutos, ou até que as lentellas estean brandiñas. Deixamos repousar 10-15 minutos co lume apagado e xa estarían listas para comer. Tede en conta que se as deixades dun día para outro estarán moito máis saborosas xa que ganan en consistencia. 

Vivan as lentellas por moitos máis séculos. A fin de contas, non encontraremos moitos outros pratos tan saborosos que acumulen legumes, carne e verduras... Hai outras moitas versións (con ovos, con pataca, sen carne...) aínda que nós gustamos moita desta en que procuramos que destaquen sobre todo as verduras con lixeiras cantidas cárnicas... Sexa como for, converteuse desde hai moito tempo nun manxar a louvar polo seu magnífico rendemento e sabor. Desde xa, quédavos aquí unha receita de lentellas da casa, ñam! Que aproveite!
Unha forte aperta e forza para non saírdes voando con esa cicloxénese que se aproxima... Lémonos! 

8 comentarios:

  1. con el dia que hace hoy que bien me entraba este plato de lentejas, me encantan! bicos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Con estes días que temos por aquí xa apetecen pratos de culler, hahaha!
      Moitas grazas!
      Bicos

      Eliminar
  2. Un plato bien grande me comía yo hoy, con el fresquito que hace y lo ricas que tienen que estar!, tienen una pinta estupenda.

    Un abrazo grande

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitísimas grazas! Si que apetecen con este clima si, hihi!
      Apertas!

      Eliminar
  3. Con lo que han bajado las temperaturas aqui son los platos que apetecen yo tambien he echo hoy lentejas para comer pero con verduritas que a mi hijo el chorizo y el jamon no le hacen gracia en ellas ,te han quedado divinisimaaaaaaaas y seguro saben mejor.
    El bizcocho de nabizas tiene que estar de rexupete te ha quedado de relujo.
    Bicos mil y feliz semana wapa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois con verduriñas tamén teñen que estar deliciosas! E con este tempo apetecen moito!!!
      Moitas grazas! Bicos

      Eliminar
  4. que boa pinta!!! hei de facelas este inverno!! miña nai tamén lle bota unha folliña de loureiro pa facelas máis dixestivas jeje
    un bico!!

    Rosalía

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A próxima vez probo a botarlla, que seguro que están de vicio!!
      Bicoss!!

      Eliminar