sábado, 8 de agosto de 2015

Tortaleta de chocolate branco e amorodos

Dixémosvos que vos traeríamos a continuación da base que presentamos o martes, e xa vedes o pouco que tardamos. Mais é que nos levaba a vida mostrarvos unha larpeirada coma esta en que se mesturan dous elementos que combinan á perfección, chocolate branco e amorodos. Ademais, para aqueles/as que non gusten moito do chocolate porque se lles fai demasiado doce ou aborrecido, hai que lles dicir que se animen con esta receita xa que logramos darlle un sabor suavísimo grazas á vainilla e aos propios amorodos.
Ademais esta torta é moito máis lixeira e suave ca outras, perfecta para xantares en que non sodes moitas persoas xa que veredes que se come con moita facilidade e se acabará rapidamente. Ollade que dozura!

Tortaleta de chocolate branco e amorodos

Ingredientes:
  • 1 masa crebada (receita aquí
  • 300 ml de nata
  • 180 gr de chocolate branco
  • 150 gr de amorodos
  • 3 follas de xelatina
  • 1 cullerada de vainilla
  • Para a decoración: 8-9 amorodos

Utensilios: molde apto para forno, un vaso de auga, un cazo e unha culler de pau. 

Elaboración: 

Para comezarmos, temos de preparar a masa crebada, tedes unha receita moi recente aquí, para alérxic@s ao ovo e á lactosa (aínda que esta receita leva lactosa), ou aquí (para as persoas que non son alérxicas). Nós, neste caso, fixémola sen ovo e sen lactosa. 


De seguir, temos de pór as follas de xelatina nun vaso e deixalas 5 minutos. Mentres tanto, quentamos a nata a lume baixo coa cullerada de vainilla.  


Cando estea quente (sen chegar a ferver), engadimos a xelatina e mesturamos moi ben. Logo, apagamos o lume, botamos o chocolate e tapamos o cazo. Reservamos durante 5 minutos. Despois, remexemos moi ben para que se desfaga todo o chocolate. 


A continuación, engadímoslle os amorodos cortados en anaquiños pequenos e mesturamos moi ben.


Botamos a mestura sobre a masa crebada e refrixeramos 10-15 minutos.


Mentres arrefría a torta, cortamos os amorodos en lascas e, pasado ese tempo, colocámolos sobre a torta. 

Refríxeramos de novo durante aproximadamente 2-3 horas e xa estaría lista para comer!! 


Como vedes esta é unha torta moi sinxela e apta para persoas alérxicas ao ovo. Da mesma forma, decidimos facer a masa crebada apta para alérxic@s ao ovo e á lactosa para que teñan máis opcións, xa esta masa pódese reencher só de froita, de xelatina de sabores con froita, ou mesmo a podemos facer salgada. É cuestión de manexarmos o maior número de recursos posíbeis no campo alimenticio. E non teñen porque deixar de ser saborosas. De feito, nós en ocasións probamos receitas modificadas para persoas con certas alerxias e acaban por estar máis ricas que as orixinais.Non vos preocupedes por iso. Se poñemos o maxín a traballar, podemos lograr tod@s auténticas larpeiradas. Unha forte aperta, bolboreteir@s!

6 comentarios:

  1. Ñam! E agora que veñen as festas hai que pórse coas larpeiradas! ;P Grazas polas vosas receitas, coma sempre! Un bico grande!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Sii, hai que facer moito doce estes días, e sobre todo comelo! Hahaha
      Grazas a ti por todo :-)

      Eliminar
  2. Uhmm pero que larpeirada tan boa!! encántame, bicos

    ResponderEliminar
  3. Uummmmmmmmmmmm que cosa tan rica te salvas por que no estamos cerca ni puedo meter la mano en el monitor y cogerla que si no no te deaba ni las miguitas, te ha quedado de relujo.
    A mi tambien me gusta hacer masas sin huevo cuando hago galletas para regalar por que las intolerencias al huevo son muy comunes hoy en dia .
    Bicos mil y feliz semana wapa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Sii, a verdade é que si, mais cada vez temos máis recursos para facilitarlles a vida a esas persoas :-) :-)
      Apertas!

      Eliminar