Seguimos de verán aínda que o ceo, canto menos na Mariña Luguesa, nos queira dicir o contrario. E nós seguimos coas nosas receitas para que teñades o día un pouco máis entretido. E hoxe imos cunha outra versión dun clásico, mais un recurso dos máis aproveitábeis na cociña, as croquetas. Desta volta optamos por facelas a partir de verduras, deixando a carne a un lado, e como sempre, ficaron ben saborosas.
Nós sempre dicimos que as croquetas son unha das mellores opcións para @s peques, xa que grazas a elas poden degustar alimentos que talvez doutro xeito xamais comerían. Sobre todo para aqueles que adoitan comer moi pouca verdura.
E ademais, que as croquetas sempre se realizan con pouco traballo e moita sinxeleza e mesmo eles e elas nos poden axudar. E de seguro que así aínda lles saben mellor. Que cando un/unha se sinte partícipe do traballo, xa se sabe... haha
Nós sempre dicimos que as croquetas son unha das mellores opcións para @s peques, xa que grazas a elas poden degustar alimentos que talvez doutro xeito xamais comerían. Sobre todo para aqueles que adoitan comer moi pouca verdura.
E ademais, que as croquetas sempre se realizan con pouco traballo e moita sinxeleza e mesmo eles e elas nos poden axudar. E de seguro que así aínda lles saben mellor. Que cando un/unha se sinte partícipe do traballo, xa se sabe... haha
Croquetas de brócoli e cenoria
- 1/2 brócoli
- 1 cenoria
- 1/2 cebola
- 1 dente de allo
- 80 gr de fariña
- 700 ml de leite
- Aceite
- Estragón
- Pementa moída
- Sal
- Para empanar: fariña, 2 ovos batidos e pan relado.
Utensilios: tixola, coitelo, táboa, relador, batedor manual (ou culler de pau), fonte e papel transparente e absorbente.
Elaboración:
Para comezarmos, temos que relar o brócoli e a cenoria. Reservamos.
A continuación, picamos finamente a cebola e o dente de allo e rustrímolos nunha tixola con dúas culleradas de aceite.
De seguir, engadimos a cenoria e o brócoli. Botamos un chisco de sal, de estragón e de pementa, mesturamos ben e cociñamos durante, aproximadamente, 10 minutos.
Despois engadimos a fariña e mesturamos moi ben para que perda o seu sabor.
E engadimos o leite pouco a pouco para que se vaia integrando coas verduras.
Deixamos cociñar uns minutos sen parar de remexer até que a mestura espese e se comece a despegar da tixola.
Pasado ese tempo, faremos, coa axuda das mans, pequenas boliñas que pasaremos por fariña, ovo batido e pan relado.
E xa estarían preparadas para comer! Que aproveite!
Alén do beneficio de estaren integradas principalmente por verdura, son, evidentemente, moito máis saudábeis que as que mercamos conxeladas. E tanto dá comelas quentiñas, acabadas de facer, que tempo despois, cando estean frías. Un recurso para unha cea con convidad@s ou para un día calquera que vos apeteza. As croquetas sempre nos sacan dalgún apuro, e se saen tan boas coma estas aínda mellor.
Unha forte aperta. Desfrutade deste martes chuvioso con esta nova receita :-)
Que interesante, esta semana xa me poño
ResponderEliminarQue interesante, esta semana xa me poño
ResponderEliminarQue croquetas mas sanas nunca las he echo asi asi que tomo nota seguro que a mi hijo y a mi nos encantan pues el brocoli y la zanahoria nos gusta mucho-
ResponderEliminarTe han quedado de relujo las fotos son de lo maaaaaaaas tentadoras es una pena no poder meter la mano y dar cuenta de una.
Bicos mil wapa.
Sii, a idea era facer unhas croquetas utilizando verduras para que fosen máis saudábeis e esta combinación é deliciosa!!
EliminarBicos!
soy fan numero uno de las croquetas y estas me han encantado , besitos
ResponderEliminarMoitísimas grazas! Alégranos que che gusten!
EliminarBicos!
Estaban boísimas e iso que non tiña estragón ...
ResponderEliminarAlegrámonos moito!!Sen estragón seguro que estaban igual de deliciosas!!!
EliminarNon tes unha foto??
Bicos!
Estaban boísimas e iso que non tiña estragón ...
ResponderEliminar