sábado, 14 de marzo de 2015

Nuggets de polo

E si, como xa sabedes, ultimamente o sábado é día de receita, para que aproveitedes, se tedes algo máis de tempo, e vos poñades a probar algunha das receitas que vos presentamos. A de hoxe, de seguro que vos sorprende, non por ser un prato arriscado nin sumamente innovador, mais que á maioría da xente lle encanta. Pola contra, rara vez adoitamos facer nuggets na casa, optando por comelos nalgún que outro restaurante ou mesmo comprándoos conxelados.
Desde logo, esta é unha das formas máis saborosas e divertidas para comer o polo, de feito aos/ás peques encántalles. Un alimento moi moderno, foi inventado arredor dos 50 do século pasado, e posta na moda pola cadea McDonald's. Por suposto, recoméndovos facelos na casa, máis saudábeis, máis saborosos, máis naturais... Recomendámosvos a proba. Quedaravos como un mangífico recurso para o entrante de calquera cea ou xantar. . Aínda que, se vos gustan tanto como a nós, talvez non vos quede sitio para o resto da comida :-) Seguíndomos o significo de nugget, só son unhas pebidas de polo, mais están tan deliciosas que é difícil deter a degustación. Aí vos vai.

Nuggets de polo

Ingredientes (para 30 unidades):
  • 2 peitugas de polo
  • 2 rebanadas de pan de molde
  • 60-80 gr de queixo Philadelphia
  • 1/2 vaso de leite
  • Pementa moída
  • Sal
  • Fariña
  • 2 ovos batidos
  • Pan relado
  • Aceite de oliva

Utensilios:  picadora, pratos, tixola, escumadeira e papel absorbente.


Elaboración:

Para comezarmos, temos de colocar o pan de molde nun prato con leite. Nós, neste caso, escollemos pan de molde de semillas, mais podedes utilizar o que máis vos guste. Rerservamos. 


De seguir, salpementamos a peituga ao noso gusto, picámola un pouco na picadora e, despois, engadimos o queixo, o pan de molde ben escoado e trituramos todo xunto de novo. 




A continuación, collemos pequenas porcións de masa, pasámolas por fariña e, coa a axuda das mans, dámoslles forma. 

Despois, pasámolas por ovo batido e pan relado. 



Agora temos que fritilas en abundante aceite, até que estean douradiñas e, de seguido, colocámolos sobre papel absorbente para eliminar o exceso de aceite.

 E xa estarían preparados para comer! 


Como vedes, levan un pouquiño de tempo mais non dan ningún traballo. Para quen nunca degustou nuggets esta é unha mangífica forma de comezar a facelo, e para quen o fixo en diversos locais ou cadeas, anímovos a elaborárdelos na casa. Xa nos contaredes cales preferides, mais xa intuímos o resultado.
Ah, se tedes tempo a preparardes unha salsiña ali-oli ou unha barbacoa... fica deliciosa para mollar estes nuggets. Ñam, ñam.
Agardamos que vos gustase a receita e que pasedes unha fin de semana marabillosa!!! Apertas amig@s!

2 comentarios:

  1. Divinisimooosssssss no lo siguiente y seguro estaban de rexupete no hay mas que ver las fotos.
    Que pena no poder meter la mano y llevarmelos para la cena babeando me dejas.
    Bicos mil y feliz domingo wapa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ohh! Moitas grazas plo teu cmentario e alegrámonos de que che gusten!
      Un bico guapa!

      Eliminar