8 de febreiro, día especial. Agardamos que tod@s @s que podades esteades en Compostela reivindicando a nosa lingua e a nosa identidade. QUEREMOS GALEGO!!! Nós infelizmente non puidemos asistir, así que, mentres tanto, ímosvos abrindo o apetito e dándovos algunha que outra idea para cociñardes ao chegar á casa.
Xa tiñamos en mente hai tempo elaborar este prato aínda que o iamos deixando por mor dun prexuízo. Pensabamos que era demasiado similar á pizza e por tanto, tampouco nos corría tanta présa. Porén, unha vez degustada a coca, esta idea vénse abaixo. Si hai similitudes co manxar italiano, mais teñen ben cousas que as afastan, entre elas, a masa, cun textura crocante ben diferente.
Este prato de orixe catalá, xa hai tempo que se estendeu universalmente, aínda que é certo que en diferentes territorios a confunden coa pizza. Como curiosidade, queriamos comentar que a palabra coca, catalá, procede do holandés kok, a mesma que deu lugar ao termo inglés tan coñecido cake.
Con todo, a coca que hoxe vos presentamos é máis típica da zona mallorquina, aínda que nós, como sempre, puxémoslle o noso toque persoal. Agardamos que vos guste o prato mediterráneo de hoxe.
Xa tiñamos en mente hai tempo elaborar este prato aínda que o iamos deixando por mor dun prexuízo. Pensabamos que era demasiado similar á pizza e por tanto, tampouco nos corría tanta présa. Porén, unha vez degustada a coca, esta idea vénse abaixo. Si hai similitudes co manxar italiano, mais teñen ben cousas que as afastan, entre elas, a masa, cun textura crocante ben diferente.
Este prato de orixe catalá, xa hai tempo que se estendeu universalmente, aínda que é certo que en diferentes territorios a confunden coa pizza. Como curiosidade, queriamos comentar que a palabra coca, catalá, procede do holandés kok, a mesma que deu lugar ao termo inglés tan coñecido cake.
Con todo, a coca que hoxe vos presentamos é máis típica da zona mallorquina, aínda que nós, como sempre, puxémoslle o noso toque persoal. Agardamos que vos guste o prato mediterráneo de hoxe.
Coca mallorquina vexetal
Ingredientes:
Para a masa:
- 300 gr de fariña de forza
- 100 ml de auga
- 50 gr de manteiga
- 50 gr de aceite
- 10 gr de lévedo fresco de panadaría
- 1 chisco de sal
- 300 gr de espinacas
- 3 cebolas grandes
- 1 pemento vermello
- 3 dentes de allo
- 1 chile
- Queixo mozzarella (opcional)
- 3 culleradas de aceite
- Pementa moída
- Sal
Utensilios: cunca, culler, espátula, garfo, bandexa de forno, papel vexetal e papel transparente.
Elaboración:
Para comezarmos temos de elaborar a masa. Para iso, mesturamos os ingredientes líquidos: o aceite, a manteiga e o lévedo diluído en auga morna.
De seguir, botamos esta mestura sobre a fariña e botamos o chisco de sal. Amasamos até formar unha bóla. Tapámola con papel transparente e deixamos levedar até que duplique o seu tamaño, aproximadamente unha hora e media.


Pasado ese tempo, estiramos a masa coas mans sobre papel vexetal. Pode ser que durante o levedado se vexan algúns trociños de manteiga, mais ao mesturar de novo a masa para estirala xa se integran totalmente.
Despois de darlle a forma desexada, dobramos os bordos e picamos a masa coa axuda dun garfo. Reservamos.
Para facermos o recheo, temos de cortar en xuliana as cebolas e o pemento e o allo en dadiños pequenos e rustrilos en 3 culleradas de aceite. Botamos tamén o chile.
Cando as verduras estean brandiñas, agregamos as espinacas e mesturamos ben. Deixamos que se cociñen uns minutos e botamos a mestura sobre a masa. Tamén debemos engadir o queixo.
Enfornamos a 200º, o forno debe estar prequente, durante 25-30 minutos.
E xa estaría preparada para comer! Agardamos que vos guste!
Xa vedes que pintaza!! Para @s que teñades algo aborrecida a pizza, esta é unha magnífica alternativa xa que ofrece outros sabores: non leva tomate, unha masa máis crocante e máis finiña... Unha verdadeira delicia. Ademais, esta é un receita ideal para as persoas que non gustan dos pratos con carne xa que, como vedes, está cuberta con tres verduras: espinacas, cebola e pemento.
Tedes a opción de lle pórdes o recheo que máis vos praza, ao igual que sucede coa pizza, mais confirmámosvos que este vaille á perfección, e ademais serve para degustarmos un prato ben saudábel e nutritivo.
Se preferides deixar o verde a un lado, sempre podedes optar por unha coca doce, xa que con esta masa convértese nunha base propicia para outros elementos máis lambóns.
Sexa como for, recomendámosvos probardes este prato e verdes o concreto dos seus sabores. Hai cousas que convén probar. Se non o pensárades até agora, xa vos animamos nós. Bo domingo e recordade sempre que o que é noso, é noso, e o que nos identifica sempre é motivo de gabanza e de reivindicación:
unha verdadeira ledicia!! bicos e Queremos Galego!!
ResponderEliminarMoitas grazas!!
EliminarUn bico!
Ummmm a que hora dices que se cena en tu casa que me voy pipitando que pintaza tiene esa coca y seguro estaba de rexupete , me encantaa no , lo siguiente .
ResponderEliminarAunque no suelo hablar Gallego habitualmente pues aqui no se habla mucho esta bien que se reveindique el uso del Gallego .
Bicos mil y feliz domingo wapa.
Esta xa se acabou, mais a próxima vez que a faga chámote, hahaha!
EliminarA verdade é que debemos intentar conservar a nosa lingua xa que o noso sinal de identidade ;)
Un bico e feliz semana!
¡Boísima Coca e fermosa entrada! Non vou dicir nada mais, salvo que vos deixo aquí un enlace a un tema que sempre que o escoito ponme a pel de galiña http://youtu.be/KTYCNuQ_T80
ResponderEliminar¡¡Queremos Galego!!
¡Bicos e apertas!
Moitísimas grazas tanto polas túas palabras como pola recomendación da canción, que é moi boa. Debemos intentar loitar pola nosa lingua xa que é unha parte fundamental da nosa identidade.
EliminarUnha aperta!