Xa estamos aquí unha vez máis. E hoxe cunha receita que tiña no maxín xa desde hai un tempo porque ma adoitaban facer de pequena e agora tiña ganas de atreverme eu con ela. Aínda que iso si, dándolle un toque diferente para innovar, haha. E ese toque tiña que ser o chocolate, como non, aínda que quería que fose algo lixeiro que non mudase o sabor orixinal e tan propio desta clásica sobremesa.
O arroz con leite, ao igual que no resto da Península, ten unha longa tradición na Galiza, e difícil será coñecer unha familia ou casa en que nunca se fixera. A súa textura e dozura fixeron del un prato que encantaba á maioría e que servía para que tomaren leite aqueles/as que non gustaban tanto del. Ademais, unha cunca de arroz con leite acabado de facer, é moi de agradecer nas noites de inverno galego.
A ver se gustades da nosa receita, que exceptuando o punto chocolateiro, é a mesma que xa facía miña avoa hai moitas décadas :-)
A ver se gustades da nosa receita, que exceptuando o punto chocolateiro, é a mesma que xa facía miña avoa hai moitas décadas :-)
Arroz con leite de chocolate
Ingredientes:
- 1 litro de leite
- 1 vaso pequeno de arroz
- 80 gr de azucre
- A monda dun limón
- Canela, en po ou en rama, ao gusto
- 1/4 de libra de chocolate
Elaboración:
Para comezar, temos que ferver o leite coa monda do limón e unha culleriña de canela. A cantidade de leite pode variar, dependendo se vos gusta o arroz con leite máis ou menos espeso. A nós gústanos que predomine o leite por iso utilizamos 1 litro para esa cantidade de arroz.
Cando ferva o leite, engadimos o vasiño de arroz e deixamos cocer a lume medio 20-25 minutos, aproximadamente. Aquí o tempo, é bastante relativo, xa que depende de como vos guste o arroz, máis brando ou máis duro.
Que vos parece? Na vosa casa tamén o facedes así? A min, a pesar de que non son unha grande amante do leite, sempre me gustou polo sabor que lle dá a monda do limón e a canela, que a verdade é dos poucos pratos en que lle dou uso, mais que está moi boa.
E xa vedes, os pratos de sempre están boísimos, sexan coa receita tradicional ou engadíndomos algún outro produto. Agardo que vos gustase, e que se non vos lembrábades del, probedes a facelo un día destes. Despois podédelo aproveitar mesmo como almorzo. A min polo menos encántame pola mañá, en vez de leite con cereais, leite con arroz!! Ñam! Bo domingo lambisqueir@s!
Eu que non son moito de arroz con leite, este pénsoo probar :)
ResponderEliminarSeguro que che encanta! Ademais, pódeslle botar todo o chocolate que queiras, se non che gusta moito o sabor do arroz con leite :)
EliminarUn saúdo e grazas polo teu comentario!
Gostariame que corrixiran unha palabra. En galego non se di "tabeleta" de chcocolate, senón LIBRA de chocolate. Grazas
ResponderEliminarTes razón, moitísimas grazas ;)
Eliminar