Unha vez canto menos tedes que probar a elaborar este produto na casa para poderdes comparalo co que mercades nas carnizarías. É certo que require un pouco de tempo, a diferenza das mercadas, mais o sabor é moito máis natural.
Mini-hamburguesas da casa
Ingredientes:
Para as mini-hamburguesas (8 unidades aproximadamente):
- 300 gr de carne picada metade de porco e metade de tenreira
- 1 clara de ovo
- 1 cenoria relada
- Pan relado
- Allo picado
- Pementa moída
- Estragón
- Ourego
Para o
mini-pan de hamburguesas (8 unidades aproximadamente):
- 200 gr de fariña de forza
- 100 ml de leite desnatada
- 1 ovo pequeno e unha xema
- 10 ml de aceite de oliva
- 8 gr de fermento de panadaría
- Alfábega
- Sésamo
Para as mini-hamburguesas:
Nunha
fonte, agregamos a carne picada, a clara do ovo, a cenoria relada e adobamos co
allo, a pementa moída, o estragón e o ourego ao gusto. Mesturamos todo moi ben
e pouco a pouco agregamos o pan relado até conseguir unha masa consistente. A
continuación, formamos as hamburguesas coa axuda das mans.
Se
queredes, podédelas conxelar para un día que non teñades moito tempo. Para as
conxelar o mellor é recortar cadrados de papel vexetal e colocádelas entre
eles, metédelas nun tupper ou nunha bolsa de plástico e ao conxelador.
Para o pan das mini-hamburguesas:
Para
comezar, temos que disolver o fermento en leite morna. Nun recipiente botamos a
fariña, a leite co fermento, o ovo, o aceite e o chisco de alfábega. Mesturamos
ben todos os ingredientes e deixamos repousar nun lugar cálido durante 1 hora e
media, aproximadamente.
Cando
duplique o seu tamaño, formamos os boliños e deixamos repousar 45 minutos nun
lugar cálido. De seguido, pintamos co ovo e decoramos co sésamo. Forneamos a
180º, calor arriba e abaixo, durante 15 minutos.
Para
a súa montaxe, facemos as hamburguesas na prancha. Abrimos o pan pola metade e
colocamos o queixo, a hamburguesa, leituga, tomate e cebola e incluso podemos
engadir algunha salsa como kétchup, mostaza, kebab, maionesa ou a salsa que
máis vos guste. Así mesmo, a carne picada tamén podería ser de polo, pavo, cordeiro
etc. O interesante de este tipo de receitas é que cada persoa as pode adaptar
ao seu gusto.
Agora, a desfrutar deste prato que en nada se parece ás hamburguesas que podemos comer nalgúns locais de comida rápida. Esta é unha hamburguesa do máis natural e saborosa!! Probade a elaborala e lembrade enviarnos as fotos ;-)
Tiene pinta de merecer la pena. Que apetito me entra! Abrazo!
ResponderEliminarLoli
A verdade é que si que merecen a pena porque se nota bastante a diferenza coas compradas, e seguro que se as fas non te arrepintes.
EliminarMoitas grazas polo teu comentario!
Un saúdo!