martes, 28 de xaneiro de 2014

Biscoito fugaz

Hoxe comezamos unha nova sección, Receitas fugaces, pratos para facerdes en moi pouco tempo. A primeira, o biscoito fugaz, é perfecto para un almorzo ou merenda sen tempo a outra cousa, ou tamén para saírdes dalgún apuro ante unha visita imprevista. Sen dúbida esta receita resulta de moitísima utilidade e comprobaredes que, a pesar da súa rapidísima preparación, o sabor é moi sorprendente. Un biscoito ideal para @s máis preguiceir@s que non gosten de botar moito tempo na cociña.

Biscoito fugaz

Ingredientes:
  • 4 culleradas de fariña.
  • 4 culleradas de azucre.
  • 4 culleradas de leite.
  • 3 culleradas de aceite
  • 2 culleradas de cacao en pó.
  • Media culleriña de lévedo.
  • 1 ovo.
  • Un chisco de esencia de vainilla.
Elaboración:
Batemos nunha cunca (nós para a mestura usamos un recipiente maior e cambiamolo antes de meter no microondas) o ovo co azucre, e engadimos o cacao e a fariña co lévedo. Despois botamos o leite, o aceite e a esencia. Mesturamos até obter unha masa homoxénea e metemos no microondas a potencia máxima durante 3 minutos. Se observades durante este tempo, veredes a instantánea subida do biscoito, non vos preocupedes se sobrepasa a cunca xa que despois baixa un pouco. 







Desmoldamos o biscoito e listo para comer!! Nun abrir e pechar de ollos creamos un doce!! :-)


Por certo, tedes na web http://chiquirecetas.com/, en que vimos colaborando, un sorteo para ganardes un xogo de Lego; aquí tedes a ligazón para participardes: http://chiquirecetas.com/gana-un-juego-de-la-lego-pelicula/. Apertas :-D!

6 comentarios:

  1. Sinxelo, consistente e con choco.... Bon a-petí (Gza)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas! A verdade é que foi un grande descubrimento :-D!

      Eliminar
  2. ¡Pois sí que ten boa pinta!

    Ei ter que probalo... ¡grazas por compartilo!

    Un saúdo :)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas! Seguro que non te arrepintes de o facer e, se queres, podes enviarnos o resultado!
      Un saúdo :D:D

      Eliminar
  3. Pintaza!! Esto probo a facelo sen duda :D

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas! Espero que o fagas xa que non te vas arrepentir, está delicioso!
      Un bico!

      Eliminar