Amosando publicacións coa etiqueta veganismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta veganismo. Amosar todas as publicacións

sábado, 11 de novembro de 2017

Hummus

Bo día, bolboreteir@s!  Traemos a segunda parte da receita do pasado martes. Da salsa tahini pasamos ao hummus, a súa concreción máis sonada. Este prato de orixe árabe estáa ganar visibilidade a pasos axigantados na gastronomía europea, entre outros motivos por ser un recurso moi habitual na alimentación vegana xa que é altamente nutritivo.
A elaboración é moi sinxela aínda que o resultado debe ser cremoso e non fiar en cemento de garavanzos (tal e como ten afirmado El comidista). 
O produto máis complexo de conseguir para o preparar é precismente a salsa tahini xa que non a hai en moitos estabelecementos, de aí a nosa recomendación de preparar tamén na casa, tal e como mostramos o pasado martes (receita aquí). Non pensedes que por ser dúas receitas, imos deixar moito tempo polo camiño... ao contrario. Aquí o tedes!


Hummus


Ingredientes:

  • 400 g de garavanzos cocidos
  • 2 culleradas de aceite
  • 1 cullerada de zume limón
  • 1 cullerada de salsa tahini
  • 1 culleriña de comiño
  • 1 culleriña de pemento
  • 1 culleriña de ourego
  • Pementa moída

sábado, 3 de decembro de 2016

Hamburguesas de feixóns e champiñóns

Xa sabedes do noso interese polo veganismo, que vai a máis e que nos leva a investigarmos e probarmos solucións dentro desta alimentación alternativa. No pasado LGx15, falamos precisamente da necesidade de incorporarmos o noso idioma ao corpus de receitas veganas, cada vez máis recorrente e onde non podemos ficar á marxe. Ademais, cant@s galegofalantes vegan@s non haberá? E ben merecen poder ler as indicacións para facer diversos pratos na súa lingua. Así pois, nós tentamos colaborar con novas achegas. Certo é que non son as suficientes mais procuramos dedicar con certa frecuencia, atención a este apartado.
E o de hoxe ademais xurdiu como receita de aproveitamento pois sobraron uns feixóns do chili con carne que preparamos hai tempo e pensamos en tirarlles beneficio. E a verdade é que as hamburguesas sempre se prestan a todo tipo de inventos. E a verdade é que este deu na chave pois alén do gran parecido á hamburguesa de carne, logrou un sabor superpeculiar. 
En conclusión, unha argallada de Bolboretas no bandullo que se tornou nunha revelación e que nos apetece moitísimo repetir. Apetece?

Hamburguesas de feixóns e champiñóns


Ingredientes:

  • 200 g de feixóns cocidos
  • 6-7 champiñóns
  • 1/2 cebola
  • 1 dente de allo
  • 1/4 de culleriña de comiño
  • 1/4 de culleriña de eneldo

martes, 18 de outubro de 2016

Bocadillo vegano de salchichas

Bo día, bolboreteir@s! Quen dixo que coa dieta vegana non se podían desfrutar tamén da comida rápida? De feito é moito máis recomendábel no tocante á saúde pois afastámonos de certas graxas e está igualmente bo, cun sabor diferente pois non se trata de imitar a carne, mais tremendamente bo.
Así pensando... non coñecemos ningún restaurante vegano de comida rápida mais... ollo, sería un lugar de manxares e ingredientes do máis variados. No día a día percibimos como cada vez existen máis persoas que optan por esta alimentación e de feito percibimos que cada vez que penduramos unha receita deste estilo ten moi boa acollida como o polbo vegano ou os petiscos crocantes de pataca doce.
Con todo, parece difícil imaxinarmos certos pratos que tradicionalmente xiran arredor da carne desde unha perspectiva completamente diferente, mais é posíbel reparándomos nas posibilidades das nosas verduras.
Aínda non sendo veganos, adoramos a proba de receitas coma esta que permiten unha alimentación variada e completa e que ademais nos parece do máis divertida, imaxinando e creando para tecer novas posibilidades alimenticias. Aí vai, pois, este cachorro quente vegano.


Bocadillo vegano de salchichas


Ingredientes:


  • Boliños para as salchichas
  • 1 cunca de garavanzos cocidos
  • 1 cenoria
  • 1/2 cebola
  • 1/4 de cunca de pan relado
  • 4 culleradas de remolachas relada
  • Pirixel
  • Aceite de oliva