Amosando publicacións coa etiqueta peituga. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta peituga. Amosar todas as publicacións

sábado, 14 de marzo de 2015

Nuggets de polo

E si, como xa sabedes, ultimamente o sábado é día de receita, para que aproveitedes, se tedes algo máis de tempo, e vos poñades a probar algunha das receitas que vos presentamos. A de hoxe, de seguro que vos sorprende, non por ser un prato arriscado nin sumamente innovador, mais que á maioría da xente lle encanta. Pola contra, rara vez adoitamos facer nuggets na casa, optando por comelos nalgún que outro restaurante ou mesmo comprándoos conxelados.
Desde logo, esta é unha das formas máis saborosas e divertidas para comer o polo, de feito aos/ás peques encántalles. Un alimento moi moderno, foi inventado arredor dos 50 do século pasado, e posta na moda pola cadea McDonald's. Por suposto, recoméndovos facelos na casa, máis saudábeis, máis saborosos, máis naturais... Recomendámosvos a proba. Quedaravos como un mangífico recurso para o entrante de calquera cea ou xantar. . Aínda que, se vos gustan tanto como a nós, talvez non vos quede sitio para o resto da comida :-) Seguíndomos o significo de nugget, só son unhas pebidas de polo, mais están tan deliciosas que é difícil deter a degustación. Aí vos vai.

Nuggets de polo

Ingredientes (para 30 unidades):
  • 2 peitugas de polo
  • 2 rebanadas de pan de molde
  • 60-80 gr de queixo Philadelphia
  • 1/2 vaso de leite
  • Pementa moída
  • Sal
  • Fariña
  • 2 ovos batidos
  • Pan relado
  • Aceite de oliva

domingo, 25 de xaneiro de 2015

Pollastro in crosta

Nun domingo escuro e frío parece que apetece bastante metérmonos na cociña e preparar algún prato diferente. Como unha das carnes das que máis proveito tiramos nós é o polo e concretamente da súa peituga, decidimos elaborar unha nova receita para non repetirnos demasiado na peituga á prancha, peituga rechea etc. Así pois, coñecimos un prato italiano (como non!) que nos chamou moito a atención e non dubidamos en pola en práctica. É unha receita moi completa xa que é bastante económica, moi sinxela, rápida de elaborar, saudábel e mesmo bonita. O máis raro, o nome, xa que pode soar estraño iso de polo con costra, mais despois é esa capa de fóra a que converte as peitugas en irresistíbeis.
Deste modo, cunha carne ben barata podedes lograr un excelente prato para sorprenderdes a calquera convidad@. E a máis convidad@s, máis peitugas, sen problema ningún. A ver que vos parece:


Pollastro in crosta

Ingredientes (para 2 persoas):
  • 2 peitugas de polo
  • 50 gr de queixo relado
  • 2 culleradas de pan relado
  • Maionesa (1 ovo, sal, vinagre e aceite de xirasol)
  • 3 chilis 
  • 1 dente de allo
  • 2 culleriña de ourego
  • 1 culleriña de alfábega

venres, 5 de setembro de 2014

"Fajitas" mexicanas

Nova receita lectores e lectoras!! Hoxe imos cunha receita chegada da América e que está alcanzando moitísimo éxito nos últimos anos por Europa, a fajita mexicana, un prato xenial para saír do apuro ante calquera visita inesperada. Parece que a súa orixe está nos vaqueros mexicanos que traballan en Texas e que recibían boa parte do seu salario en carne de vaca polo que procuraron un prato en que aproveitala da mellor maneira. Sexa como for, a nosa fajita leva polo xa que esta é a forma máis común de degustala hoxe en día. Ou polo menos a que a nós máis nos gusta :-)


Fajitas mexicanas

Ingredientes (para 2 fajitas):
  • 2 tortillas mexicanas
  • 1 filete de peituga
  • 1/2 pemento vermello
  • 1/2 pemento verde
  • 1/2 cebola
  • 1/2 sobre de preparado para fajitas
  • Aceite de oliva
  • Queixo relado (opcional)

luns, 21 de abril de 2014

Peitugas recheas de xamón e espinacas

Xa rematan as vacacións, mais comer hai que seguir comendo, e cociñando tamén, e por iso aquí seguimos con novos pratos que esperemos que vos gusten tanto como a nós. E o de hoxe está feito cunha das carnes que máis xogo dá para cociñar, as peitugas de pito (ou polo se o preferirdes, hehe). Sabe ben á prancha, con pan relado, picadiña e como non, rechea! 
Nós optamos por enchelas dunha das nosas carnes preferidas e dunhas das verduras que máis nos gustan, as espinacas. E non podía faltar un pouco de queixo para facelas moito máis tenras e nutritivas. A combinación dá lugar a un prato completísimo e moi moi saboroso! 

Peitugas recheas de xamón e espinacas

Ingredientes:
  • 2 peitugas 
  • 4 lascas de queixo
  • 50 gr de xamón
  • 300 gr de espinacas
  • 1 cebola branca
  • 1 cebola vermella
  • 1 cenorias
  • 1 cervexa
  • Aceite de oliva
  • Sal