Tres, dous, un... a bolboretear! E toca facelo cun dos grandes cracks da literatura galega. Hoxe imos cunha persoa que deixa á marxe os moldes e os esquemas estabelecidos para desfrutar da escrita e parece que tamén da gastronomía. Pedro Feijoo supón unha renovación das nosas letras e unha conquista para lectores e lectoras que procuran historias cheas de suspense, humor e cheas de Galiza, pois todos os seus textos levan boa parte dela nas súas palabras. Desexabámolo inmensamente e hoxe traémolo, con moita ilusión a Bolboretas no bandullo. Unha colaboración na que valoramos e agradecemos o entusiasmo deste bolboreteiro que xa tanto queremos.Pedro Feijóo naceu por ese Vigo que tan ben nos pode describir, no 1975, ano ben significativo na nosa historia moderna. A paixón pola cultura veu marcando o seu percorrido vital situándose sempre da súa man. De feito, formouse no "amor ás palabras", como filólogo para despois realizar diferentes proxectos como compositor, produtos e músico. No 97, con só 22 anos inicia a súa traxectoria como escritor co "Cousas do 'Galicia' por Castelao". En 2005 proxecta a súa reflexión e preocupación arredor do panorama musical galego na crónica "Viva o Fu Remol". En 2011 publica o seu relato "O segredo do viaduto", incluído no XII Certame Literario de relatos curtos Os Viadutos.