Amosando publicacións coa etiqueta Adriano. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Adriano. Amosar todas as publicacións

martes, 29 de novembro de 2016

Bolboreteando con... Pedro Feijoo

Tres, dous, un... a bolboretear! E toca facelo cun dos grandes cracks da literatura galega. Hoxe imos cunha persoa que deixa á marxe os moldes e os esquemas estabelecidos para desfrutar da escrita e parece que tamén da gastronomía. Pedro Feijoo supón unha renovación das nosas letras e unha conquista para lectores e lectoras que procuran historias cheas de suspense, humor e cheas de Galiza, pois todos os seus textos levan boa parte dela nas súas palabras. Desexabámolo inmensamente e hoxe traémolo, con moita ilusión a Bolboretas no bandullo. Unha colaboración na que valoramos e agradecemos o entusiasmo deste bolboreteiro que xa tanto queremos.
Pedro Feijóo naceu por ese Vigo que tan ben nos pode describir, no 1975, ano ben significativo na nosa  historia moderna. A paixón pola cultura veu marcando o seu percorrido vital situándose sempre da súa man. De feito, formouse no "amor ás palabras", como filólogo para despois realizar diferentes proxectos como compositor, produtos e músico. No 97, con só 22 anos inicia a súa traxectoria como escritor co "Cousas do 'Galicia' por Castelao". En 2005 proxecta a súa reflexión e preocupación arredor do panorama musical galego na crónica "Viva o Fu Remol". En 2011 publica o seu relato "O segredo do viaduto", incluído no XII Certame Literario de relatos curtos Os Viadutos.