Amosando publicacións coa etiqueta pepperoni. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta pepperoni. Amosar todas as publicacións

martes, 7 de xuño de 2016

Arepas

Gardada tiñamos esta marabillosa receita desde hai semanas e xa non nos recordabamos de a presentar. Así pois, onte, lembrándonos dela reelaborámola e volvimos desfrutar da sinxeleza e eficacia das arepas.
E tod@s coñecedes este prato? Non pasa nada. O que pasa é que nós temos vantaxe por contar con amizades galego-venezolanas que nos dan a coñecer receitas tradicionais do outro lado do Atlántico. Ai, unha outra xoia para a sección de receitas internacionais!
As arepas son un outro exemplo de grandes resultados con moi pouco: apenas fariña e auga. Despois para o recheo... mil e unha posibilidades, coma sempre. Aínda que nós non resistimos e tivemos que papar algunhas acabadas de pasar pola tixola, sen nada por dentro. Ñam!

Arepas


Ingredientes:

  • 300 gr de fariña de millo (PAN)
  • 350 ml de auga
  • Un chisco de sal
Recheo: Leituga, queixo e pepperoni (opcional)

martes, 31 de maio de 2016

Bolo-pizza de pepperoni

Bolboreteir@s!!! Como vai todo? Agardamos que moi ben e senón pois procuraremos que vai mellor pondo un pouco de sabor por aquí.
Xa vos contamos algunha que outra vez que somos adictos a estes vídeos breves de "tasty" e demais que logran a través da información rápida e de imaxes poderosas potenciar o noso interese gastronómico. Pois houbo un prato que nos chamou a atención porque poñía en xogo dous produtos que adoramos como o pan e a pizza dun xeito novidoso.
Nós recollemos a idea e facemos as modificación correspondentes para o noso padal quedando un bolo-pizza contundente e ben saboroso.
O ideal xa sería facer a propia bola na casa, mais estas semanas andamos con moi pouco tempo así que optamos por unha mercada. E despois... a reencher a gusto do consumidor, haha.

Bolo-pizza de pepperoni


Ingredientes:

  • 1 bola de pan
  • 2 bolas de mozzarella
  • Queixo relado ao gusto
  • 15 lascas de pepperoni
  • 3-4 lascas de salame
  • 2-3 champiñóns
  • 1 pemento