Gardada tiñamos esta marabillosa receita desde hai semanas e xa non nos recordabamos de a presentar. Así pois, onte, lembrándonos dela reelaborámola e volvimos desfrutar da sinxeleza e eficacia das arepas.
E tod@s coñecedes este prato? Non pasa nada. O que pasa é que nós temos vantaxe por contar con amizades galego-venezolanas que nos dan a coñecer receitas tradicionais do outro lado do Atlántico. Ai, unha outra xoia para a sección de receitas internacionais!
As arepas son un outro exemplo de grandes resultados con moi pouco: apenas fariña e auga. Despois para o recheo... mil e unha posibilidades, coma sempre. Aínda que nós non resistimos e tivemos que papar algunhas acabadas de pasar pola tixola, sen nada por dentro. Ñam!
Arepas
Ingredientes:
- 300 gr de fariña de millo (PAN)
- 350 ml de auga
- Un chisco de sal
Recheo: Leituga, queixo e pepperoni (opcional)