Por sorte parece que volven subir as temperaturas, aínda que de momento ben se soporta a calor, haha. Sexa como for, neses días estivais de moita calor, convén hidratarse moito o que non se fai simplemente bebendo auga. Por tanto a nosa alimentación tórnase clave.
Así pois, nestes meses agardamos continuar presentando varias receitas que axudan a nos sentir mellor no verán. A de hoxe é todo un clásico e de seguro que a maioría de vós a ten feito en moitas ocasións xa que non ten a menor dificultade. Porén, como calquera prato de mesturas, ofrece millóns de variantes, e difícil será encontrar dúas familias en que a macedonia se faga de xeito idéntico. É cuestión de procurar o que preferimos encontrarnos nela. Nós por exemplo gustamos de macedonias, moi completas, con moitos froitos.
Antes de pasarmos á elaboración queriamos mencionarvos a orixe desta denominación. Xa sabedes do noso interese por cuestións lingüísticas... Ao falarmos desta sobremesa, da macedonia, sempre nos vén á cabeza ipso facto o país balcánico. Mais... terán algo que ver? De igual modo que noutras ocasións o imaxinario popular atribúe relacións lingüísticas do máis atrevidas, desta volta si anda no certo. Non no referido á macedonia de froitas en concreto senón ao termo "macedonia" xa que se coñecen así as combinacións de diversos produtos por causa do Imperio Macedónico. Na época de Alexandro Magno (século IV a.C), tiveron cabida neste imperio diversas nacións, culturas, idiomas... que provocou que hoxe coñezamos como macedonia as combinacións de produtos diferentes, sendo a de maior sona a de froitas.
E para que vaiades abrindo apetito... aquí tedes:
Macedonia de froitas
Ingredientes (para aprox. 10 racións):