Amosando publicacións coa etiqueta glasa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta glasa. Amosar todas as publicacións

sábado, 22 de novembro de 2014

Roscos caseiros

Xa estamos a fin de semana, polo que temos un pouco máis de tempo para dedicar a vós, e a vos ofrecer novas lecturas gastronómicas. Así pois, hoxe toca unha receita que xa probara a facer hai ben tempo mais que me viñan demandando na casa ultimamente, os roscos caseiros. E eu, encantada :-) Que tamén eu me aproveito.
Aínda que a idea parte dos Donuts orixinais, cómpre desbotarmos a idea dun sabor idéntico. De igual modo, que dicimos que outros produtos son moi similares aos mercados, neste caso resulta difícil estabelecer comparacións. Para o noso punto de vista saben mellor estes roscos por nos pareceren máis naturais, mais é certo que resulta complexo encontrar o sabor tan característico dos Donuts. O que si, debedes probar con esta receita e despois comparardes. Aquí xa temos un par de votos a favor dos roscos caseiros. 

Roscos caseiros

Ingredientes (para unhas 20 unidades):
  • 300 gr de fariña
  • 150 ml de leite
  • 60 gr de manteiga
  • 60 gr de azucre
  • 15 gr de lévedo de panadaría
  • 1 ovo
  • Raiadura de laranxa 
  • Raiadura de limón
  • Noz moscada
  • Aceite
  • Glasa: 70 gr de azucre glas, 50 gr de manteiga e 1/2 vaso de auga.