Sexa como for, pensamos que este é un bo momento para recuperar a publicación de dúas receitas á semana, tanto para nós como para que vós teñades algo máis de entretemento e ideas para ocupar horas na cociña.
E imos con toda unha receitaza!!! Os donuts son para nós como o summum das dozuras e non vos contamos a desfeita que fixemos cando viaxamos aos EUA... Que perdición. Ben, pois os que nós seguides de hai tempo xa viriades algunha receita similar no blogue, destacando especialmente estas Berlinesas recheas.
Desta volta seguimos a receita da nosa admirada Alma Obregón e os resultados foron impresionantes. De feito fostes moitas e moitos os que nos pedistes as pautas para a elaboración o domingo ao subirmos as fotos a Instagram. Aquí o tedes, bolboreteir@s!
"Donuts" caseiros
Ingredientes:
Primeira masa:
Masa:
- 270 g de fariña de forza
- 70 ml de leite
- 60 g de manteiga
- 9 g de lévedo seco de panadaría
- 3 xemas