Receita das emotivas e das levaban tempo marcadas na nosa axenda. Os flocos de millo doces son unha das nosas madalenas de Proust, non pola elaboración caseira senón porque recorda a tempos da infancia nos que, as viaxes a Lugo, tiñan como máxima motivación o retorno cun bo caldeiro destes. Si, había unhas tendas de lambetadas que vendían estes flocos de cores en diferentes tamaños e sempre levabamos o grande. Vai festín na viaxe de volta!!
E aínda hoxe devecemos por elas. Obviamente, non son para comer a diario mais o seu sabor de vez en cando supón toda unha ledicia gastronómica. Curiosamente, estes flocos de millo dividen o mundo entre seguidores/as e detractores/as. E nós estamos claramente entre os primeiros. Certo é que teñen uns sabor moi doce e apto só para @s máis lambonciñ@s; ademais deixan lonxe os flocos de millo tradicionais.
Así pois, soñabamos con dar coa súa preparación caseira. Despois dalgún que outro experimento acabamos por dar coa solución e coa receita que logra uns flocos de millo doces tal e como imaxinabamos. Poderiámolos facer cunha cor mais... claro, facíanos ilusión que fosen como os mercados e encher a nosa cociña de cores! Como agora xa temos claro o proceso, queriamos transmitírvolo da forma máis clara e directa, a través do Youtube nunha nova VÍDEO-RECEITA que deixamos AQUÍ. É tempo pois de cociñar, saborear e sobre todo, desfrutar!

Flocos de millo doces
Ingredientes:
- Flocos de millo
- 150 ml de auga/ cada cor
- 120 g de azucre /cada cor
- Colorantes de cores