Amosando publicacións coa etiqueta torta aniversario. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta torta aniversario. Amosar todas as publicacións

domingo, 27 de novembro de 2022

Crostata de Nutella

Bo día, amig@s!!! Como vai todo? Vaia ben ou mal, nós hoxe pretendemos adozarmos o día e ofrecervos unha idea moi chocolateira.

Neste verán, como xa vos contamos en máis dunha ocasión, estivemos na illa italiana de Sardegna, un paraíso en moitos aspectos e toda unha sorpresa a nivel gastronómico. Aínda que nós namoramos especialmente das pizzas, (posibelmente as mellores que nunca probamos, e xa estiveramos en Italia máis veces), chamounos a atención bastante unha lambetada que atopabamos con diversos recheos. A crostata na verdade é unha das sobremesas máis típicas nas casas italianas, unha especialidade de avoa que encontramos en diversas pasticceria. A verdade é que o máis habitual foi encontralas con marmelada de pexego xa que este froito era moi típico, especialmente na zona de Alghero. E esas... moi ben, mais a verdadeira xenialidade para nós está na combinación máis tradicional, co chocolate, concretamente coa Nutella. 

Como a maioría das crostate que atopabamos eran pequeniñas, viñemos co antollo dunha versión para fartar, unha señora crostata que preparamos con bo motivo, o aniversario da que escribe. O resultado foi o imaxinado, satisfacción máxima e capricho cumprido. Non podemos máis que avisarvos de que non babexedes no teclado. 



Crostata de Nutella



Ingredientes:


  • 500 g de Nutella
  • 500 g de fariña   
  • 135 g de azucre    

domingo, 6 de setembro de 2020

Torta Arco da Vella (1º aniversario do Xiao)

Boa noite, bolboreteir@s! Hoxe imos traervos unha das receitas máis especiais que aquí presentamos pois é a elaborada para o primeiro aniversario do peque da casa, do Xiao. 

Para non xuntarnos moitos tivemos celebracións en varios días e a verdade é que levamos unha boa tempada de doces. Algúns mercados e outros como o que aquí presentamos hoxe, feitos na casa con toda a ilusión e agarimo posíbeis. 

Tiñamos moitas ganas desde hai tempo de elaborar unha torta deste estilo e este era o momento ideal. Cun pouco de paciencia e tempo, logramos unha larpeirada apetitosa desde a primeira ollada até o último bocado. Que gozada! Imos por ela.



Torta Arco da Vella


Ingredientes:


Para o biscoito:
  • 400 g de fariña  
  • 400 ml de aceite de xirasol
  • 400 g de azucre
  • 20 g de lévedo en po
  • 3 culleradas de vainilla
  • 8 ovos
  • Colorantes

Para o recheo e decoración:
  • 525 g de manteiga
  • 330 g de azucre
  • 6 claras de ovos

sábado, 9 de abril de 2016

Torta de chocolate e nata branquiazul

Amig@s lambonciñ@s, xa para ir rematando esta semana de múltiplas sorpresas, traemos unha torta de aniversario para unha pequena amiga que, como podedes ver, é moi moi deportivista. Por tanto, que mellor que decorar esta larpeirada con motivo branquiazul?
Xa levamos unha torta do Depor e outra do Barça, agardamos non perder lectores dos clubs rivais, haha. Mais eu penso que esta sobremesa merece ben a pena comela sexas do equipo que sexas, posto que mestura un biscoito de chocolate moi ben feito, moi esponxoso, cun dobre recheo de nata que o convirte nun manxar divino. Chocolate, nata... que máis pedir?
As obleas van ao gusto do consumidor e podédelas conseguir nalgunhas pastelarías, tendas de repostaría creativa etc. O sabor... ben, o mítico deste papel comestíbel, mais ornamentalmente fan unha achega importante ás tortas. Sempre queda a opción de debuxar a man esa decoración con fondant, mais... dá o seu traballo e desta volta non había moito tempo.
E que, apetece un bocado desta torta futboleira?

Torta de chocolate e nata branquiazul


Ingredientes: 


Para o biscoito:
  • 4 ovos
  • 1 vaso e medio de fariña 
  • 1 vaso e medio de azucre
  • Medio vaso de leite
  • Medio vaso de aceite
  • 2 culleradas de cacao en po 0%