Amosando publicacións coa etiqueta albóndegas en salsa de cebola. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta albóndegas en salsa de cebola. Amosar todas as publicacións

martes, 19 de febreiro de 2019

Albóndegas en salsa de cebola

Bo día, bolboreteir@s!! Como vai todo? Ben, pois despois de vos traermos o pan para mollar na fin de semana, hoxe toca o prato forte do menú. Un outro clásico cunha modificación que nos leva a alcanzar o ceo culinario unha vez chegado ao padal. 
As albóndegas son desas receitas ben representativas das familias, que en todos lados saben ben e que hai tamén mil e unha formas de as facer. Pois ben, nós descubrimos esta xoia e... vaia! 
Esta si é para mollar pan! Ollade que boas!



Albóndegas con salsa de cebola


Ingredientes:


Para as albóndegas:
  • 500g de carne picada
  • 50-60g de queixo en po
  • Miga de pan
  • Leite
  • Allo en po
  • Pirixel