Ola, bolboreteirxs! Que tal? Aquí estamos unha semana máis cunha nova receita. Desta volta, imos probar a facer unha salsa de cacahuete para acompañar polo e arroz. Como vedes, ímoslle dar unha volta a dous ingredientes que son básicos na nosa cociña e seguro que na de moitos de vós.
Xa sabedes que nos encanta xogar cos produtos e intentar ser creativos e, xa vos adiantamos, que este prato nos gustou moito.
Aquí vos deixamos a receita:
Polo en salsa de cacahuete
Ingredientes:
- 2 peitugas de polo
- 1 bote de leite de coco
- 4-5 culleradas, grandes, de crema de cacahuete
- 5-6 culleradas de salsa de soia
- O zume dun limón
- 1 dente de allo

Para acompañar:
- Arroz branco
- Allo en po
- Cebola en po
- Salsa de soia
- AOVE
Utensilios: unha recipiente hermético, un par de tixolas e unha culler de mesturar.
Elaboración:
Para comezarmos temos de adobar o polo. Para iso, cortámolo en anacos e botámoslle o zume do limón.
3 culleradas da crema de cacahuete (nós usamos a que trae anacos de cacahuete), ben colmadas, e a metade da soia. Tamén o dente de allo. Mesturamos moi ben e refrixeramos, se podemos, unha noite enteira.
Pasado ese tempo, rustrímolo nunha tixola 2 min. De seguir, agregámoslle o leite de coco.
O resto da crema de cacahuete e a soia. Mesturamos moi ben e cociñamos até que a salsa reduza un pouco, nós deixámolo uns 20 minutos a lume baixo.
Para acompañar, rustrimos arroz en dúas culleradas de AOVE e sazonámolo coas especias e a soia. A nós, gústanos ben crocante.
No fondo do prato servimos o arroz e por encima o polo coa salsa. Decoramos cuns poucos máis de cacahuetes e xa estaría listo para comer.
Que vos parece? Unha forma diferente de facer polo e cun sabor moi diferente! A próxima vez, incluíremos algunha verdura como cebola, cabaciña ou incluso bataca, que seguro ha quedar delicioso tamén. Alén do polo, o arroz feito desta forma queda delicioso e é ideal para acompañar outro tipo de pratos, incluso para facermos unha ensalada de arroz.
Agardamos que vos guste e que a poñades en práctica.
Aperta forte!
Lémonos, bolboreteirxs!
Ningún comentario:
Publicar un comentario