Bo día, bolboreteirxs! Como foi a Noiteboa e o día de Nadal? Pasou o Apapalpador ou Papá Noel, ou sodes máis dos Reis Magos? Nós, como podedes ver, estamos aproveitando para cociñar e, por iso, hoxe vos traemos unha nova receita.
Os caldos, ou fumets, son elaboracións que nos van axudar a darlle moito sabor a outros pratos, como poden ser arroces, guisos ou salsas, e así podemos potenciar o sabor dos produtos e que sexan moito máis intensos. Nós usamos moito este caldiño para facer arroz negro ou pasta con gambas ou lagostinos; aínda que tamén pode servir para facer salsa de marisco ou algún guiso de peixo para estas festas.
Queremos compartir hoxe a receita por aquí porque vos pode ser de moita utilidade para o menú de Noitevella ou Aninovo, así que, aquí vai:
Caldo (ou fumet) de lagotinos
Ingredientes:
Elaboración:
Pasado ese tempo, cubrimos con auga e deixamos que coza 25-30 minutos. Primeiro a lume alto para que colla temperatura e, despois, baixamos a lume medio-baixo.
De seguir, trituramos moi ben o noso caldo.
E coámolo moi ben por se quedou algo sen bater. Aquí teríamos que probar para saber se está o suficientemente saboroso ou se necesita máis sal e pementa.
E xa teríamos o noso caldo, ou fumet, listo para usar ou comer.
Ningún comentario:
Publicar un comentario