Bo día, bolboreteir@s! Chegamos cun pouco de retraso porque na finde houbo moito trafego preparando as avaliacións. Vale, e tamén aproveitando un pouquiño o sol ;-)
Pois hoxe imos cun deses clásicos en calquera casa: a pizza. Aínda que ben sabemos que non todos optades pola masa caseira, non podemos máis que insistirvos en que vos animedes con ela pois a diferenza é notabilísima.
A pizza está sen dúbida, no noso top5 de pratos favoritos pero destaca entre eles por ser o que logra ter un día da semana fixo. Imos ver, fixo fixo non é, pero un día á semana nesta casa dedicado á pizza sempre hai. E normalmente asociado á fin de semana. É dicir, a pizza é pura alegría.
Aquí vos traemos unha opción que probamos esta semana e que nos pareceu moi interesante para compartir convosco.
Pizza de brócoli e bacon
Ingredientes:
Elaboración:
Apetece, non é? Pois xa sabedes. Deixade á marxe as pizzas conxeladas e elaborade por completo a vosa pizza. Así presta máis. A fin de contas, sentídevos máis responsábeis do sabor logrado, que ha de ser ben bo!
Forte aperta, amig@s!
Ningún comentario:
Publicar un comentario