sábado, 19 de setembro de 2020

Madalenas de queixo

Bo día, bolboreteir@s. Como vai todo? Aquí andamos agardando o inicio de curso expectantes ante tantos cambios de rumbo. Polo menos o peque xa avanza no proceso de adaptación e entón aproveitamos algo máis estas horas libres que nos quedan pola mañá para ir preparando as clases mais tamén para cociñar cousiñas novas para o blogue. 

A última idea asenta sobre este suposto oxímoro, madalenas salgadas, concretamente de queixo que entran en xogo nunha posición diferente ao habitual. Da sobremesa aos entrantes. Iso si, sen pasarse xa que con dúas ou tres destas, igual chegades sen a fame necesaria ao menú. 

Mirade que apetitosas!



Madalenas de queixo


Ingredientes:

  • 200 g de queixo relado
  • 190 g de fariña
  • 120 ml de leite
  • 120 ml de iogur natura
  • 60 g de manteiga
  • 1 sobre de lévedo en po
  • 1 ovo
  • Pementa moída
  • Sal




Utensilios: unha cunca, un batedor e un molde para madalenas. 


Elaboración:


Para comezarmos, temos de bater o ovo co leite e a manteiga, en pomada. Reservamos. 

Noutra cunca, mesturamos a fariña, o lévedo, o queixo, o sal e a pementa. 


Botamos a mestura do ovo coa fariña e o queixo.


Repartimos a mestura nos moldes. Empoamos con pemento doce, ou picante, e cun pouco máis de queixo.


Enfornamos a 190º, co forno prequente, calor arriba e abaixo, durante 20-25 minutos. 


E xa estarían listas para comer, quentes, mornas ou frías! Como máis gustedes 😉! E unha vez probedes tamén, é cuestión de mellorar a receita botándolle algún extra ou... dobre de queixo... mmmmm... A gusto do consumidor. Hanvos de encantar. Aperta forte, bolboreteir@s! 

6 comentarios:

  1. Que boa pinta!
    Unha pregunta: un dos obxectivos de desenvolvemento sostible é garantir unha enerxía asequible, segura,... e propoñen como acción individual que non se prequenten os fornos... Que vos parece?

    ResponderEliminar
  2. Que boa pinta!
    Unha pregunta: un dos obxectivos de desenvolvemento sostible é garantir unha enerxía asequible, segura,... e propoñen como acción individual que non se prequenten os fornos... Que vos parece?

    ResponderEliminar
  3. Que boa pinta!
    Unha pregunta: un dos obxectivos de desenvolvemento sostible é garantir unha enerxía asequible, segura,... e propoñen como acción individual que non se prequenten os fornos... Que vos parece?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola!
      Pois sería moi interesante xa que hai moitas receitas que non precisan que o forno estean quente. Porén, para moitos pratos, sobre todo doces, non sería viábel.
      Mil grazas por comentar❣️

      Eliminar
  4. Que bom aspecto!
    Beijinhos,
    Espero por ti em:
    strawberrycandymoreira.blogspot.pt
    http://www.facebook.com/omeurefugioculinario
    https://www.instagram.com/marysolianimoreira

    ResponderEliminar