Bo día, bolboreteir@s! Vaia fin de semana, deberiamos estar no pleno balbordo das festas de verán e aquí andamos, argallando a troula á nosa maneira, na casiña e con tranquilidade. E celebrando calquera día sen máis xustificación que as ganas de papar unha boa torta na mellor compaña. E iso é o máis importante. Dirián @s máis vell@s: o caso é que haxa saúde. E ganas de comer.
E nós cremos que esta torta só con vela xa dá ganas de botarte á cociña e argallar a autohomenaxe, lambendo os sobrantes de cada preparación.
Aquí gustou moitísimo, como era de esperar, e pouco sobrou, porque os lambóns abundan. E vós sabemos que tamén sodes moi moi larpeir@s!
Torta de crema de chocolate e amorodos (e galletas Oreo)
Ingredientes:
Para a base:
- 450 g de galletas Oreo
- 150 g de manteiga
Para a decoración:
- Amorodos
- Galletas Oreo
- Nata montada
Utensilios: un molde, un cazo, varias cuncas, un batedor eléctrico, unha manga, un bico, un coitelo e unha espátula.
Elaboración:
Para comezarmos, temos que facer a base da torta. Para iso, trituramos as galletas Oreo e mesturámolas coa manteiga derretida até ter un masa compacta.
Colocámola no fondo e nos laterais do molde. Refrixeramos.
Botamos a xelatina sobre a auga e deixamos repousar.
Mesturamos o chocolate xunto con 160 ml de nata e derretemos no microondas. Reservamos.
Batemos a nata até que estea semimontada. Reservamos.
A xelatina xa tivo que absorber a auga, quentamos no microondas até que se volva líquida, uns 15 segundos e mesturámola moi ben co chocolate.
Imos botando o chocolate sobre a nata e remexemos con movementos envolventes até que se integren.
Botamos unha pouca de crema de chocolate no molde.
Cubrimos con amorodos, cortados á metade.
E agregamos o resto da crema. Refrixeramos 3-4 horas, mellor unha noite.
E decoramos. Coa axuda da manga e dun bico facemos formas coa nata e colocamos uns amorodos, tamén algunha galleta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario