Boa tarde, bolboreteir@s! Como estades? Nós ben contentos pois hoxe collemos as vacacións despois dun curso moi moi estraño. Agora toca desconectar do teletraballo un pouco e o computador só para publicar as receitas e argallar pola rede, hehe.
E así pois, traemos un outro doce. Que non falten recursos para celebrar neste verán aínda sendo de forma moi diferente. As homenaxes gastronómicas seguen a estar ao noso alcance así que non hai motivo polo que recunciar a elas. E esta homenaxe é ideal para chocolateiros. Unha mousse moi sinxela de facer, moi doce, iso si, e que serve para alérxicos ao ovo (que desta volta tocounos entre os convidados).
Ollade os pasos e ide preparando o bandullo, que toca gozar desta lambetada!
Mousse de chocolate (sen ovo)
Ingredientes:
Utensilios: un molde, un cazo, unha cunca grande, un batedor eléctrico e unha espátula.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de ferver a auga.
Cando ferva, baixamos o lume e engadimos o chocolate, as nubes e a manteiga, mellor en anacos pequenos.
Imos remexendo até que se derretan e integren completamente. Deixamos que arrefríe un pouco.
Mentres tanto, montamos a nata coa vainilla.
E, a continuación, mesturamos coa crema de chocolate con movementos envolventes.
Mollamos as galletas en leite e colocámolas no fondo do molde.
Botamos a metade da crema de chocolate, volvemos cubrir con galletas e rematamos co resto da crema.
Refrixeramos até que solidifique a mousse e decoramos. Nós relamos un pouco de chocolate branco.
Que pouco se precisa ás veces para facer unha sobremesa ben potente coma esta. Ei, coidado. Non babexedes enriba do teclado ou pantalla, que pode estragarse! É mellor que non pasedes ganas desta mousse e vaiades directos á cociña. Aperta forte, bolboreteir@s!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario